Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O arquitecto Carlos Pita Abad gaña o concurso de proxectos para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O arquitecto Carlos Pita Abad gaña o concurso de proxectos para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC

Redacción
Publicado: 11/12/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

lectura_premio_concurso_cidade_tic_1.jpgO reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, deron a coñecer esta mañá nun acto telemático que tivo lugar na sede do Clúster en Santiago de Compostela, a relación de premiados do concurso para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC, así como o proxecto do primeiro edificio que se fará, o Centro de Servizos Avanzados (CSA). No acto de apertura das plicas estaba a vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade, Amparo Casares, e o secretario do xurado, o xefe do Servizo de Arquitectura da UDC, Bernardo Lage Arias.
Ao Concurso de proxectos con intervención de xurado para a redacción do proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas para a Cidade das TIC presentáronse 19 propostas, o que levou a que o xurado propuxese unha segunda volta con sete delas. Nas reunións mantidas a primeiros deste mes, o xurado decidiu que o primeiro premio fose para a proposta As Found! que, abertas hoxe as plicas, resultou ser do arquitecto Carlos Pita Abad; o segundo premio foi para o proxecto Motherboard, dos arquitectos José Manuel Casabella e José Luis Martínez Raído; e o terceiro premio acadouno a proposta EGJIA 117, da arquitecta Elisabeth Abalo Díaz, o xurado decidiu dar unha mención especial á proposta DOOM 2020 dos arquitectos Irisarri Piñeira e Sabín Blanco.
A valoración arquitectónica que o xurado fixo do proxecto gañador para o CSA destaca que «consiste nunha intervención respectuosa e sincera, que pon en valor o existente e actualízao coa inclusión de novas pezas e solucións que o activan e revitalizan. Valórase moi especialmente a nova estrutura de madeira que se insire no patio central, sen que supoña un obstáculo senón máis ben un acontecemento. O resto dos espazos son fluídos e funcionais. Proposta moi posibilista e economicamente viable». Sobre a cualificación espacial e funcional da parcela, recolle a acta do xurado que se «utiliza o concepto do lema As found para elaborar unha metodoloxía de intervención a todos os niveis, cun resultado moi ordenado e preciso, que equilibra con acerto os espazos libres e as zonas construídas».
A ordenación da parcela propón «a creación dun gran parque urbano onde se lea con facilidade a vella estrutura da Fábrica de Armas e como esta se convirte na Cidade das TIC, nun lugar de carácter, amable, acolledor e máis humano». A proposta de rehabilitación da Fábrica de Armas traballa sobre o concepto de supermazá desenvolvida por Salvador Rueda e a Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, cun núcleo fundamentalmente peonil e tráfico rodado perimetral de moi baixa intensidade. O modelo sería un híbrido entre un parque inglés e un campus universitario americano, dándolle á árbore un protagonismo arquitectónico, coa creación dun bosque.
Sobre o CSA, a primeira das naves que se rehabilitará, proponse unha construción de 2.627 metros cadrados entre a planta baixa e a entreplanta destinados a empresas TIC; e 2.069 metros cadrados para laboratorios, aulas e zonas comúns (cafetería, espazos de traballo informais, instalacións…). O proxecto propón a potenciación da tipoloxía basilical do edificio coa introdución dunha nova construción de madeira de 440 metros cadrados, destinado a aulas, coworking, cafetería e espazo informal.
Finalizado o acto de apertura das plicas cos nomes dos premiados, o reitor felicitou aos gañadores e agradeceu a elevada participación que puxo o nivel «altísimo». Abalde manifestou a súa satisfacción polo avance deste proxecto que deixou xa de ser unha idea para ser unha realidade que se materializará pronto. Para o presidente do Clúster TIC Galicia hoxe é un día «para felicitarmos por este novo paso no desenvolvemento da Cidade das TIC». Rodríguez del Corral confirmou que segue a rexistrarse unha alta demanda de empresas por instalarse na Cidade das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?