Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O décimo Concerto das Letras Galegas, dispoñible na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O décimo Concerto das Letras Galegas, dispoñible na Rede

Redacción
Publicado: 11/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_ac_2020_imaxe-concerto.jpgO décimo Concerto das Letras Galegas celebrouse o pasado 30 de outubro, como antesala do Día Das Letras Galegas. A cita, que tivo lugar no Auditorio de Santiago, estivo condicionada pola situación sanitaria, polo que se desenvolveu sen público e coa retransmisión en directo por Internet. Desta maneira, o Consello da Cultura Galega subiu hoxe á Rede o concerto, na véspera da celebración do pleno extraordinario que a Real Academia Galega realizará este sábado en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
Esta última edición do Concerto das Letras Galegas foi da man do Taller Atlántico Contemporáneo, que interpretou un programa de puña en diálogo a música e a literatura galegas relacionadas coa cultura ferrolá. O festival comezou coa composición de Fernando Buide del Real Inger mis calices. De seguido Xan Viaño, compositor nado en Ferrol, interpretou Músicas Nocturnas. Ao longo de todo o concerto escoitáronse textos da literatura galega, como Ódiote de Rosalía de Castro, da man de César Morán, Danza de Nani García, para pechar con dous últimos poemas por parte de Esperanza Mara e Janet Novás.
O Concerto das Letras Galego é un espectáculo que se leva programando dende o 2011 en diferentes lugares de Galicia. Nesta décima edición, estaba previsto que se celebrase en Ferrol, pero a pandemia provocou que se realizara en Santiago. O Consello de Cultura Galega levou a cabo esta iniciativa ca finalidade de contribuír a reforzar a dimensión festiva e conmemorativa do Día das Letras Galegas. A presidente, Rosario Álvarez, quixo destacar que esta década de concertos “permitiu xuntar tradición musical galega, tanto popular como clásica, e ofrecéronnos obras de nova creación dedicadas aos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas”.
Ademais, o Consello da Cultura Galega aposta cada ano pola celebración do Día das Letras Galegas. Este ano, a pesares das complicacións pola COVID-19, púidose celebrar tras unha adaptación de formatos. Así a presentación da publicación Farsa das zocas foi virtual, pero estivo arroupada co vídeo dunha lectura dramatizada do texto a cargo da compañía A Quinta do Cuadrante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?