Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo emite nas redes sociais contidos para mellorar a nosa educación ambiental
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo emite nas redes sociais contidos para mellorar a nosa educación ambiental

Redacción
Publicado: 14/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_curso-plantas-ornamentais.jpgA Deputación de Lugo comeza este pasado sábado as emisións en Youtube das actividades de educación ambiental organizadas pola institución no marco do traballo de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Na iniciativa colaboran a área provincial de Medio Ambiente e o Servizo de Audiovisuais da Deputación, que se ocupa de gravar as distintas actividades da programación. A actividade de arrinque é un obradoiro de produción e cultivo de plantas ornamentais, que xa se pode visualizar xa a través da dita rede social.
Ao longo deste mes, a Deputación organizará outros tres obradoiros de medio ambiente: O Consumo Responsable e Actividades Tradicionais; Científic@s por un Día e A Calidade do Aire. As datas e as ligazóns aos vídeos destas actividades publicaranse na área de Medio Ambiente da web da Deputación de Lugo. As persoas interesadas en recibir información sobre estes cursos poden inscribirse nunha listaxe de correo na web da institución provincial.
A entidade lucense explicou “que co fin de favorecer a sensibilización medioambiental, os vídeos gravados das actividades estarán dispoñibles en Internet durante tres meses para que calquera persoa poida acceder de xeito libre ao contido”.
Con esta iniciativa, a institución quere facer medrar a cifra de persoas que acceden aos seus contidos formativos sobre protección e coidado do medio ambiente, impartidos no Centro de Interpretación situado no paseo do Rato para divulgar os valores naturais da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Por mor da actual situación de crise sanitaria, estes obradoiros presenciais tiveron que ser cancelados ou restrinxidos a un número reducido de persoas para minimizar o risco de contaxio por coronavirus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?