Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo participa na creación da vindeira xeración de tecnoloxías intelixentes de detección
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo participa na creación da vindeira xeración de tecnoloxías intelixentes de detección

Redacción
Publicado: 14/12/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_atlanttic_felipegil1.jpgA Universidade de Vigo, a través do centro AtlantTIC, participa nun consorcio europeo que busca crear unha nova xeración de tecnoloxías de detección intelixentes, ferramentas que xa forman parte da nosa vida cotiá e que teñen cada vez máis presenza en múltiples ámbitos, como a asistencia sanitaria (máis personalizada) ou as medidas para lograr estradas máis seguras, tanto para peóns como para condutores.
O proxecto en cuestión chámase NextPerceptión e vén da man dun consorcio no que participan os principais actores europeos da saúde, o benestar e a automoción, entre eles a Universidade de Vigo, que porá en xogo a súa ampla bagaxe en investigación 5G. En concreto, a UVigo será a encargada de deseñar novas arquitecturas e tecnoloxías de comunicación e de distribución do cómputo no marco destas novas redes de comunicación.
O responsable do proxecto na institución académica viguesa é o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de AtlantTIC Felipe Gil, quen explica que “o resultado deste traballo busca permitir a creación de novos sensores que capturen un volume maior de información, de xeito que se poida utilizar para implementar novas aplicacións intelixentes que hoxe non son posibles pola falta de datos”.
Trátase, explica, de desenvolver a próxima xeración de sensores de percepción intelixentes e mellorar o paradigma de intelixencia distribuída para construír “solucións de monitoraxe versátiles, seguras e proactivas” para cuestións relacionadas coa saúde, o benestar o o ámbito do motor e a mobilidade.
O orzamento total do proxecto, que se prolongará ata o 2023, é de 28,7 millóns de euros, dos que a Unión Europea financia 8,7 millóns e o resto corre a cargo dos estados membros aos que pertencen os participantes. En total interveñen 43 socios de sete países liderados polo VTT, o centro de investigación técnica finlandés.
O proxecto Next Perception está a traballar en tres casos de uso cos que poder demostrar a viabilidade do enfoque para resolver estes desafíos. Neste senso o valor do proxecto, a xuízo dos seus impulsores, non está “só no desenvolvemento de plataformas de sensores de toma de decisións proactivas e fiables con intelixencia integrada, senón tamén na súa aplicación nunha serie de casos de uso práctico para chegar a solucións listas para introducir no mercado”.
Neste contexto, o primeiro dos casos de uso seleccionados vai dirixido a desenvolver tecnoloxías que poidan medir e facer seguimento da saúde, o comportamento e as actividades, especialmente naquelas persoas que requiren maior atención ou coidados médicos, así como tamén en deportistas de alto nivel. Os outros dous casos de uso desenvolven solucións que melloran a seguridade do tráfico e abordan desafíos clave especificamente relacionados coa condución automatizada en contornas urbanas e en casos de condicións climáticas desafiantes.
O obxectivo principal no caso da monitoraxe do condutor é desenvolver un sistema que poida detectar tanto o estado cognitivo do condutor como as súas emocións. Ademais, tamén fará control da intención do condutor (xirar á esquerda ou á dereita), así como as súas actividades e posición no vehículo, abranguendo o comportamento dos restantes ocupantes. Toda esta información empregarase para funcións de condución autónoma, incluída a asistencia ao condutor. O terceiro caso de uso busca mellorar a seguridade e a comodidade de todos os usuarios da estrada, incluídos peóns e ciclistas, nas interseccións. Neste caso a principal finalidade é ser capaces de detectar a presenza dos diferentes elementos que interveñen no tráfico, determinar as súas posicións con alta precisión e rastrexar o seu movemento e intención cun alto grao de fiabilidade.
Neste proxecto participan tres tipos de socios: por unha banda, empresas, tanto grandes (NXP e Bosch) como pequenas, que serán as encargadas de levar ao mercado os sensores e os servizos asociados a eles; por outra banda, centros de investigación especializados (universidades e centros tecnolóxicos como o propio VTT) e starpups que desenvolven novos sensores e tecnoloxías e, por último, usuarios finais que axudarán a validar os resultados.
Ademais da Universidade de Vigo, desde España participan no proxecto o CSIC (a través do Centre for Automation and Robotics, CAR), as empresas Seven Solutions, Evotel e HI Iberia e a Universidade de Lleida que, a través da súa Facultade de Enfermaría, se encargarán de validar o caso de uso de monitoraxe de benestar e saúde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?