Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R repasa as novas oportunidades de negocio que se abren coa tecnoloxía 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R repasa as novas oportunidades de negocio que se abren coa tecnoloxía 5G

Redacción
Publicado: 14/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

almorzo_r_comunicacions_5g.jpgO pasado 10 decembro a operadora R celebrou unha nova sesión dos seus almorzos dixitais, desta volta centrado nas tecnoloxías 5G e nas redes de última xeración. A sesión, na que a compañía de cable logrou reunir a preto de 70 profesionais do sector, celebrouse baixo o epígrafe Comunicacións do futuro: 5G e SDWAN e xirou arredor da evolución das redes sen fíos, achegándose diferentes puntos de vista sobre a realidade concreta do dito estándar móbil nos nosos días.
Para esmiuzar estes e outros temas relacionados interviron no encontro virtual Javier Franco, responsable de Produto e Solucións de R e do Grupo Euskaltel e máis Pedro Herbello, responsable do produto B2B e servizos de voz de R e do Grupo.
Pedro Herbello salientou o inxente potencial da tecnoloxía 5G á hora de impulsar novos casos de uso especialmente en contornas empresariais.”As capacidades desta tecnoloxía, chamada a convivir connosco de agora en adiante, está a permitir a concepción dun ecosistema empresarial completamente diferente ao que tiñamos ata hai poucos anos”, dixo, engadindo que “a tecnoloxía 5G vai ser un importante habilitador para impulsar a dixitalización das empresas, pois permitirá actuar en escenarios onde o mínimo retardo da rede, a alta densidade de usuarios, a eficiencia enerxética ou un elevado largo de banda sexan críticos para o servizo (…) Trátase dun cambio de modelo que evoluciona parello á eclosión das redes e dos servizos na nube e que, en todo caso, require unha coordinación idónea entre os fabricantes de tecnoloxía, os operadores de telecomunicacións, as administracións e as empresas”.
No almorzo dixital puxéronse tamén sobre a mesa as vantaxes da evolución destas redes de futuro. Dunha banda, a empresa ten a propiedade e o control da infraestrutura, co que pode adaptala ás súas necesidades de configuración en virtude, por exemplo, da cobertura que precise. A velocidade da rede, así mesmo, queda garantida, pois como non se comparten recursos con ningún outro usuario, as comunicacións están sempre dispoñibles e dimensionadas. Por outra parte, a empresa pode cribar a información que fica na empresa e a que pode saír fóra, afianzando a seguridade dos seus datos.
Outra evolución tecnolóxica de interese para o mundo da empresa da que se falou polo miúdo no almorzo dixital foi a chamada SDWAN que permite, segundo explicou Javier Franco, “construír unha rede privada virtualizada utilizando conectividade pública ou privada, cun despregamento de rede sinxelo”. A idea -dixo- é poñer o foco nas aplicacións de negocio, utilizando as facilidades que proporciona a tecnoloxía para que as empresas, de maneira autónoma, poidan xestionar e visualizar o que ocorre na rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?