Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia aposta polo uso das TIC nas lonxas e portos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia aposta polo uso das TIC nas lonxas e portos

Redacción
Publicado: 15/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lonxas.jpgA conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a importancia de aplicar as tecnoloxías á xestión global da actividade pesqueira para garantir o futuro da actividade e avanzar na súa competitividade, sustentabilidade e no posicionamento dos produtos do mar. Uns obxectivos que perseguen distintos proxectos nos que traballa o Executivo galego como Primare, que é unha iniciativa para a dixitalización das lonxas; os terminais electrónicos Ticpesc instalados en diferentes portos e nos que o sector pode realizar xestións correspondentes á súa actividade diaria, ou o selo de calidade pescadeRías, de onde se non?
Así o salientou hoxe na clausura por videoconferencia da xornada Valor e trazabilidade 4.0 en alimentación. Uso de tecnoloxía blockchain, lot e big data para empoderar ao consumidor, que organiza Fish World Track en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia, Elige Plus Consultores, PWC e Vottun. A xornada contou con expertos na tecnoloxía Blockchain, con experiencias reais desenvolvidas para diferentes empresas, representantes da industria da distribución, de consumidores e da Administración Pública, que reflexionaron sobre o valor que as tecnoloxías achegan á transparencia e confianza na cadea de produtos alimentarios, especialmente pesqueiros. Nela presentouse a plataforma de trazabilidade pesqueira Fish WorldTrack (FWT), unha ferramenta que naceu en Galicia co obxectivo de dixitalizar o sector pesqueiro en toda a súa cadea de valor, combinando tecnoloxías como Blockchain, IoT e Big Data.
En relación a Primare a titular de Mar explicou que o proxecto está xa activo en 23 lonxas nas que se celebraron arredor de 67.000 poxas dixitais que xestionaron preto de 7,5 millóns de quilos de produtos do mar por un importe de venda que roldou os 26,5 millóns de euros. Esta iniciativa, sinalou, consiste nunha plataforma tecnolóxica que integra os sistemas de xestión, poxa, comercialización e emisión de notas de venda, modernizando os procesos.
Ademais de permitir as poxas en liña, Primare fai posible que, a través dunha aplicación instalada no smartphone, o sector poida obter información da identificación, clasificación e pesaxe das capturas descargadas na lonxa para a poxa. Con ela os profesionais do mar tamén poden emitir os documentos de comercialización do produto e dispor dun sistema de xestión que facilite a tramitación da contabilidade, entre outros aspectos.
En canto aos caixeiros Ticpesc, Rosa Quintana subliñou que Galicia dispón de 66 en distintos puntos do litoral e deles un terzo conta cunha báscula que permite aos profesionais do mar pesar os produtos da pesca e do marisqueo no mesmo momento no que se realiza o desembarque das capturas, ademais de emitir documentos relacionados coa súa actividade. Desde a posta en marcha destes terminais no ano 2010, sinalou a conselleira, xeráronse neles máis de 480.000 documentos de transporte, orixe, rexistro, alternancia de artes e devolución a orixe. Grazas a estes caixeiros que prestan servizo durante as 24 horas dos 365 días do ano, especificou a titular de Mar, «o sector non depende dos horarios de atención das confrarías, lonxas ou outras asociacións profesionais do sector».
Todos estes proxectos conflúen na estratexia tecnolóxica conxunta Axenda Dixital 2020, á que a Consellería do Mar responde «coa modernización e transformación dixital do sector marítimo-pesqueiro» para avanzar na competitividade do sector, protexer os ecosistemas mariños e impulsar a seguridade alimentaria como elemento de marca para xerar confianza nos consumidores, subliñou Rosa Quintana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?