Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo fai un chamamento á colaboración para impulsar proxectos aliñados cos fondos europeos de recuperación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo fai un chamamento á colaboración para impulsar proxectos aliñados cos fondos europeos de recuperación

Redacción
Publicado: 15/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_consello_consultivo.jpgAs e os integrantes do Consello Consultivo da Asociación Ineo, alianza de empresas de novas tecnoloxías da nosa terra, reuníronse este martes 15 de decembro por vídeo-conferencia para intercambiar reflexións ante os retos, necesidades e potencialidades actuais do sector das TIC en Galicia. Segundo fixeron saber, o tecido das nosas empresas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación teñen moito que achegar neste intre de crise sanitaria e económica, pero é preciso poñer o foco nunha maior colaboración: “Debemos cooperar entre as empresas para pór en marcha grandes proxectos de dixitalización aliñados cos fondos europeos de recuperación”, sinalou Luis Sestelo, presidente da asociación.
Durante a xuntanza, púxose especialmente en valor o papel que as novas ferramentas dixitais tiveron durante a crise orixinada pola pandemia en tanto en canto permitiron a diversos sectores continuar coa súa actividade e mitigar en gran medida os efectos da crise. Sen embargo, tal e como destaca Luis Sestelo, “aínda queda moito camiño por percorrer, non podemos quedarnos soamente na compra de dispositivos ou nas reunión virtuais, temos que facer unha transformación dixital máis profunda, que afecte tamén os procesos industriais”,e prosegue: “As empresas TIC galegas están especializadas en achegar solucións moi versátiles e modulares, especialmente para as pemes (que representan unha alta porcentaxe do tecido empresarial galego)”.
Posta en valor do sector TIC como eido empresarial propio
Alén da transversalidade e da súa relevancia como impulsor e panca doutros eidos de actividade, no Consello Consultivo de Ineo quíxose recoñecer o das TIC como “sector empresarial independente”, que ten necesidades e retos propios (custo do desenvolvemento da tecnoloxía, a necesidade de mellora continua, a competencia global polos recursos humanos ou polos clientes…) e polo tanto, “é importante tamén para este sector o poder contar con programas de financiamento para si mesmo”, sinalouse, engadíndose que sería un xeito de preparar o terreo para a posta en marcha de proxectos aliñados cos fondos europeos de recuperación.
Ademais dos membros da Xunta Directiva de Ineo, cuxo presidente é Luis Álvarez-Sestelo, o Consello Consultivo contou coa presenza das seguintes entidades: o Consorcio Zona Franca de Vigo, Abanca, Banco Sabadell, as tres universidades galegas, o Consello Galego de Cámaras de Comercio, o Colexio Profesional de Enxeñeiros de Informática de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Gradiant e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?