
Concederanse un total de cinco galardóns por un importe total de 75.000 euros outorgándose 15.000 euros a cada categoría. As tres categorías dirixidas a pemes, microempresas, profesionais individuais e autónomos/as son as seguintes:
1ª Categoría. Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2019 ou 2020.
2ª Categoría. Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2015 ou con anterioridade.
3ª Categoría. Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19. Para pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as e concellos que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os danos, efectivos e colaterais, ocasionados pola pandemia.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.
O prazo de presentación de candidaturas ficará aberto ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.
Podemos consultar as bases na páxina web do premio provincial á mellor iniciativa empresarial.
O premio á mellor iniciativa empresarial da Deputación da Coruña repartirá 75.000 euros
Compartir Este Artigo

