Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo obtén un novo recoñecemento ao seu proxecto de Cidade Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo obtén un novo recoñecemento ao seu proxecto de Cidade Intelixente

Redacción
Publicado: 15/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, na presentación da aplicación móbil municipal
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, na presentación da aplicación móbil municipal
O Concello de Vigo vén de obter un relevante recoñecemento pola súa plataforma Vigo Cidade Intelixente e o proxecto rutas interactivas. Trátase do galardón internacional Premio IDC de Smart Cities & Communities, que a cuarta distinción que acada a cidade galega pola súa estratexia de transformación tecnolóxica. En concreto, recoñécese con este novo premio o emprego de tecnoloxías intelixentes para optimizar os servizos municipais.
Provedora global de intelixencia de mercado, servizos de asesoría e eventos para as tecnoloxías da información, consumo e telecomunicacións, a compañía americana IDC (International Data Group) resolveu o pasado 10 de decembro a segunda edición do certame e seleccionou os mellores proxectos de Europa e Asia Central en distintos ámbitos. Vigo foi elixida na categoría Planificación e administración urbana sustentable, que engloba ás urbes que empregan tecnoloxías avanzadas para mellorar a toma de decisións e optimizar os servizos municipais.
En rolda de prensa, o alcalde Abel Caballero explicou que a proposta viguesa galardoada incluía os proxectos municipais de Smartcity VCI + 2.0 (a Plataforma Vigo Cidade Intelixente) e o novo proxecto de rutas interactivas, recentemente presentado polo propio Caballero. Ambos, engadiu, foron impulsados con fondos FEDER da Unión Europea, dentro da estratexia DUSI do Vigo Vertical.
Tamén lembrou que se trata da cuarta distinción que acumula a iniciativa smart da cidade, unha chuvia de galardóns que comezou en 2015 co Premio Galicia e do Premio Nacional Smart City de SocInfo, mentres que o pasado ano 2019 o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñeceu a Vigo como Cidade da ciencia e a innovación e, no mesmo ano, a urbe foi Premio Cidadáns pola aplicación móbil Vigo, recoñecida como “unha das ferramentas móbiles mellores e máis completas dunha cidade española”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?