Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ducia de proxectos seleccionados para Sherpa Journeys aplican as tecnoloxías máis avanzadas ao sector marítimo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ducia de proxectos seleccionados para Sherpa Journeys aplican as tecnoloxías máis avanzadas ao sector marítimo

Redacción
Publicado: 16/12/2020
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

sherpa_do_mar_investigadoras.jpgDoce proxectos empresariais de base tecnolóxica do ámbito mariño-marítimo de Galicia e norte de Portugal recibirán apoio para a súa valorización a través da iniciativa Sherpa do Mar, impulsada pola Universidade de Vigo e a Zona Franca, entre outras entidades, co obxectivo de “crear unha plataforma galego-portuguesa para a promoción da competitividade no sector marítimo a través de novas iniciativas de mercado de base tecnolóxica con alto valor engadido”. Entre a ducia de proxectos seleccionados atópanse propostas de dixitalización, de rastrexabibilidade alimentaria ou de Realidade Aumentada para coñecer máis a fondo o medio mariño. Tamén hai contribucións á eliminación de nano-plásticos no mar.
A través do programa e da súa participación en Sherpa Journeys, contarán con asesoramento especializado e o respaldo dun sistema innovador de medición e seguimento do seu desempeño que lles axudará a achegar ao mercado as súas ideas de negocio ao longo das fases de emprendemento. O programa de apoio integral terá 14 meses de duración e no seu transcurso estarán acompañados dun xestor especializado en promoción do emprendemento e transferencia de tecnoloxía e coñecemento e recibirán asesoramento científico-técnico. Durante este proceso contarán con formación, xornadas de networking, así como servizos e medios técnicos para consolidar o seu desenvolvemento e crecemento.
As entidades impulsoras dos Sherpa Journeys destacan que o gran compoñente innovador das propostas elixidas nesta primeira edición, que fornecen respostas de alto valor engadido a retos como a dixitalización, o uso sustentable de recursos, a seguridade e a rastrexabilidade alimentaria, o ecoturismo ou a protección e conservación do ecosistema mariño. Amais, aplican tecnoloxías de biotecnoloxía ou emerxentes como a cadea de bloques (blockchain) ou a Realidade Virtual e Aumentada. A maior parte atópanse en fase de concepción e prototipado, aínda que tamén están presentes iniciativas emprendedoras e de inter-emprendemento en fase de maduración máis avanzadas. As súas propostas abranguen diferentes sectores do ámbito mariño-marítimo como o acuícola, o conserveiro, o portuario, a pesca ou o turístico.
Estes son os proxectos elixidos.
· MytUniSex: propón a produción de liñas de mexillón unisex a gran escala e de forma sostida ao longo do ano. O proxecto busca promover o uso sustentable dos recursos mariños, ofrecendo unha alternativa que podería reducir a necesidade de colleitar a semente no intermareal rochoso.
· ActivaeAlgae: centrado no desenvolvemento de produtos cosméticos de orixe natural, baseados en extractos de microalgas eucariotas sen explorar, e con propiedades antinflamatorias, hidratantes, exfoliantes ou protectoras contra os raios ultravioletas (UV).
· BIMBA (Bioloxía e Información Marítima Ártabra): dirixido ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas baseadas en GIS e enfocadas a mellorar a competitividade do sector portuario e as organizacións relacionadas co medio mariño.
· SUBGO: proxecto de Realidade Virtual (VR), Aumentada (AR) e Mixta (MR) dirixido á investigación e divulgación científica de paisaxes submarinas con aplicacións no sector da educación e do ecoturismo.
· ValBioSea: centrado no desenvolvemento dun método de extracción eficiente para a selección de compostos bioactivos, de alto valor engadido e obtidos de macroalgas invasoras, cun enfoque de biorrefinería en fervenza.
· DanteRoNPs: solución de tecnoloxía de eliminación de nano-plásticos no ecosistema mariño, mediante o emprego de surfactantes compatibles bioloxicamente.
· Fish & Food Technology: propón a creación dunha ferramenta baseada en tecnoloxía blockchain para a rastrexabilidade e seguridade alimentaria de produtos pesqueiros.
· Sailing For Science: está enfocado á creación de experiencias de turismo científico-mariño, mediante a posta en marcha dunha plataforma aberta á comunidade científica interesada na participación de actividades de ciencia cidadá, co obxectivo de pór en valor o ecosistema da rexión atlántica.
· Container Over Board System (antes Lost Containers at Sea): centrado na creación dun sistema de localización de containers que permita xerar alertas que reduzan a xeración de verteduras contaminantes ou posibles situacións de risco para a navegación e o medio mariño.
· Blue Bioprana: propón a aplicación de solucións de biotecnoloxía que reduzan o impacto ambiental dos subproductos orgánicos e xeran procesos de produción máis sustentables e con maior rendemento, que poderían empregarse tamén en modelos de economía circular.
· ABZU Maritime Platform: plataforma de operacións portuarias baseada en tecnoloxía blockchain que achegará máis transparencia, sinxeleza e inmediatez.
· Basemar: centrado na fabricación e comercialización de balizas con fondeo ecolóxico para sinalización marítima e de parques de cultivo de marisco, que ofrecen datos en tempo real.
O proxecto Sherpa do Mar
Sherpa do Mar é un dos tres proxectos da convocatoria POCTEP 2019, co-financiado nun 75% polo FEDER, nos que a Universidade de Vigo é o principal beneficiario e no que Zona Franca participa como un dos nove socios cunha achega que roldará os douscentos mil euros.
O proxecto ten como obxectivo “crear e revitalizar unha plataforma galego-portuguesa para a promoción da competitividade no sector marítimo a través da promoción de novas iniciativas de mercado de base tecnolóxica con alto valor engadido”.
O proxecto está liderado polo grupo REDE da Universidade de Vigo e, xunto con este grupo de investigación, participan Campus do Mar e o Vicerreitorado de Investigación, o Consorcio Vigo Franca, a Axencia Galega para a Innovación (GAIN), a Universidade de Santiago de Compostela e A Coruña, entre outras entidades referenciais do noso país irmán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?