A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña fixo entrega dunha doazón de trinta equipos informáticos á Asociación ASDEGAL (Asociación Solidaria de Galicia), coa que a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC iniciou hai uns meses unha relación de colaboración.
Segundo informou a Universidade, a doazón fíxose realidade grazas ao compromiso do decano, Luis Hernández, con esta iniciativa solidaria.
No acto de entrega estivo tamén a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a delegada de ASDEGAL na Coruña, Teresa Berbel.
Os equipos irán a parar a familias en situación de vulnerabilidade que teñen fillos e fillas en idade escolar para que poidan seguir as súas clases de forma telemática en tempos de pandemia.
A Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC doa equipamento informático á Asociación Solidaria de Galicia
Compartir Este Artigo

