Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta financia 240 grupos de investigación universitaria que facilitan a transferencia de coñecemento á sociedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta financia 240 grupos de investigación universitaria que facilitan a transferencia de coñecemento á sociedade

Redacción
Publicado: 16/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_pin-off-2020_foto_familia.jpgA Xunta de Galicia está a financiar, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o funcionamento de 240 grupos de investigación universitaria, que facilitan a transferencia de coñecemento á sociedade, tal e como explicou hoxe o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, na entrega dos IV Premios Spin-Off PuntoGal.
O representante autonómico salientou que este financiamento estrutural co que contan os grupos, que son a base a través da que se articula boa parte da investigación no Sistema universitario de Galicia, «é un dos sinais de identidade da investigación da comunidade Autónoma e do apoio da Xunta de Galicia á I+D+i universitaria».
Díez de Castro sinalou que son máis de 1200 persoas as que traballan nos dous tipos de grupos de investigación financiados polo departamento educativo da Xunta (Grupos de Referencia Competitiva, un total de 147, e Grupos de Potencial Crecemento, 93), e que este ano recibiron fondos por un valor total de 14.260.000 euros. Neste sentido explicou que o financiamento de grupos, e non de proxectos concretos, permite reorientar as liñas de investigación e, en situacións como a actual, resulta moi útil no contexto da para reorientar á súa actividade a campos relacionados coa COVID-19.
O secretario xeral de Universidades puxo en valor o traballo realizado para o Goberno galego para definir o actual programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitiva que, «mesmo nos momentos máis duros da crise económica, experimentou un crecemento constante».

Os galardóns

varpagroup_epws1nwxeampguv.jpgPrecisamente un destes grupos de investigación, o Grupo VARPA (adscrito á Universidade da Coruña), é un dos galardoados nestes IV Premios Spin-Off PuntoGal, na categoría de Grupos de Investigación, polo seu traballo no desenvolvemento de programas informáticos para a telemedicina
Na categoría de Selo de Calidade resultou gañadora a empresa Orballo, dedicada a produción e comercialización de produtos ecolóxicos de orixe galega; mentres que na de Idea Emerxente a galardoada foi a empresa Psico VR, que traballa no campo da Realidade Virtual.
O obxectivo destes premios é recoñecer as iniciativas empresariais e de grupos de investigación máis innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?