Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e a EOI favorecerán a transformación tecnolóxica de 775 pemes e persoas autónomas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e a EOI favorecerán a transformación tecnolóxica de 775 pemes e persoas autónomas

Redacción
Publicado: 17/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_ordenador_oficina.jpgA Deputación de Lugo vai dar novos pasos en materia de emprego e transformación tecnolóxica a nivel provincial en todos os concellos. Así o fixo saber o presidente da entidade, José Tomé Roca, quen asinou tres convenios con Raúl Blanco (secretario xeral de Industria e da PEME do Goberno de España e presidente da Escola de Organización Industrial) permitirán á institución provincial contar cun investimento extra de máis de 4M€, procedentes de fondos europeos, para reforzar as políticas de emprego na provincia.
A formalización do triplo acordo coa EOI, que se realizou de maneira telemática, contou tamén coa presenza do deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e da directora xeral da Fundación EOI, Nieves Olivera.
Os proxectos promovidos por ambas institucións a través deste acordos contan cun orzamento de 4.112.207€, achegados nun 85,4% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo e o 14,1% pola Deputación de Lugo.
As accións están dirixidas a 775 pemes e autónomos, 250 parados de longa duración e 600 mozos e mozas, e o seu obxectivo é a reactivación e o apoio aos sectores e colectivos sociais máis afectados pola crise económica derivada da COVID-19.
Un dos convenios asinados pola Deputación de Lugo e a EOI busca evitar que se agrande a fenda dixital e axudar a que o tecido produtivo aproveite as oportunidades que ofrecen as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. “Con este acordo conseguiremos que, polo menos 775 pemes e autónomos da provincia de Lugo diversifiquen e modernicen a organización da súa empresa, e tamén tecnoloxicamente”, asegurou Tomé Roca.
O presidente avanzou que dentro do apoio aos colectivos vulnerables, a través do segundo convenio, “formaremos a máis de 250 persoas desempregadas de longa duración en sectores con gran potencialidade de emprego na provincia, como son a atención sociosanitaria a dependentes e a renovación xeracional no sector vitivinícola”.
Ao abeiro do terceiro convenio, tentarase facilitar que a mocidade que non atopa emprego na súa terra poida asentar “o seu proxecto de vida”. Asi, máis de 600 mozos participarán en programas de adaptación e fomento do emprego, podendo realizar prácticas non laborais en empresas da provincia, en especial, en entidades do terceiro sector”, explicou o mandatario provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?