Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achega formación TIC para mellorar a adaptación do turismo á nova realidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achega formación TIC para mellorar a adaptación do turismo á nova realidade

Redacción
Publicado: 17/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

turismo_formacion_2.jpgCo fin de paliar as graves consecuencias que está a ter a COVID-19 no tecido hoteleiro e hostaleiro e contribuír á súa adaptación plena ao novo contexto, a Xunta, a través de Turismo de Galicia e do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), puxo en marcha o Plan de Formación para a reactivación do sector turístico. Este programa desenvolverase a través de diferentes cursos, webinars e obradoiros online destinados ao conxunto do sector.
O plan inclúe distintas accións, todas elas de balde para os profesionais, con programas de idiomas, finanzas, reconversión e adaptación das empresas turísticas, de transformación dixital, anfitrións, actualidade e aula aberta. A través deles búscase “mellorar as capacidades dos traballadores do sector, ao tempo que se lle oferta aos empresarios turísticos dotalos de ferramentas que lles permitan revisar e adaptar os seus modelos de negocio para afrontar a nova realidade turística xurdida trala chegada da COVID-19”.
programa_formacion_dixital_turismo.jpgEste plan de formación arrancou con dous cursos de inglés dos que se beneficiou un cento de profesionais. Ademais, realizouse a inscrición dos primeiros obradoiros do Programa de reconversión e adaptación das empresas turísticas: un sobre o Modelo de Negocio nas empresas turísticas e hostaleiras e outro do Mapa de Procesos nas empresas turísticas e hostaleiras.
O Plan de formación para o sector turístico inclúe catro programas relacionados coa aprendizaxe e mellora das habilidades en materia de idiomas, finanzas, reconversión e adaptación empresarial, e transformación dixital.
A través destas formacións, que son impartidas por expertos nas diferentes materias, os profesionais turísticos poderán resolver dúbidas ante a nova situación provocada pola pandemia, ampliar os seus coñecementos de ferramentas estratéxicas ou reorientar o seu negocio cara ás necesidades do cliente, ademais de reducir erros de estratexia e custos no proceso, así como outras cuestións relativas a loxística, operacións, mercadotecnia e vendas.
Máis de dous mil certificacións
Con este novo plan, a Xunta continúa avanzando no proceso de formación do sector turístico galego, unha aposta que desde o comezo da pandemia veuse fortalecida pola posta en marcha de múltiples accións de formación co obxectivo de dar resposta á nova realidade. Ata a data de hoxe, un total de 2.289 profesionais certificáronse nos Manuais de Turismo de Galicia e máis de catro mil son usuarias da Plataforma de Formación Continua de Turismo de Galicia dende que se puxo en funcionamento o pasado mes de xuño.
formacion_turismo_dixital.jpgPor outra banda, desde a declaración do Estado de Alarma celebráronse un total de 22 webinars e dúas mesas de debate, nos que participaron un total de 3.400 participantes e impartíronse máis de 6.500 horas de formación certificadas. No ámbito da formación en idiomas, á que agora se lle dá continuidade, participaron un cento de persoas ás que se lles impartiu 2.000 horas de formación certificadas.
Máis información en: https://www.turismo.gal/formacion.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?