Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aposta polo uso de drons para unha mobilidade urbana sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Xunta aposta polo uso de drons para unha mobilidade urbana sustentable

Redacción
Publicado: 17/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20201217_patricia_argerey.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou esta tarde nunha mesa redonda sobre o futuro da mobilidade urbana sustentable organizada polo colectivo Ellas vuelan alto que integra a mulleres expertas e de referencia no sector aeroespacial.
Na súa intervención, Argerey apuntou que o uso extenso dos drons para o transporte de mercadorías ou de persoas nas cidades precisa dun avance moi relevante, tanto a nivel de tecnoloxía como de regulación que afecta ao uso do espazo aéreo. No entanto, a directora de Gain informou de que desde a Xunta se está a traballar para dotar a Galicia dunha infraestrutura única para facilitar un entorno seguro de probas que permita avanzar de xeito paralelo tanto a nivel de tecnoloxía como de regulación.
En concreto, a directora da Axencia Galega de Innovación destacou o proxecto Galician Skyway, que acaba de rematar, e no que a Xunta e Boeing traballaron conxuntamente no marco do Polo Aeroespacial de Galicia no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para avanzar na xestión e seguridade do tráfico de drons en espazos aéreos compartidos. Este proxecto achega solucións a situacións clave identificadas neste ámbito que son fundamentais para o despegue definitivo do segmento dos UAV. Entre os fitos acadados neste proxecto destaca a instalación en Rozas dun laboratorio de simulación de continxencias en voo para UAV, que sitúa ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) como unha infraestrutura científico-tecnolóxica de referencia no ámbito da I+D+i en vehículos non tripulados.
Para complementar esta infraestrutura, o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) lanzará proximamente unha licitación para dotar a Rozas dun simulador de xestión de tráfico aéreo U-Space. O concepto U-Space refírese ao sistema de xestión de tráfico aéreo non tripulado deseñado pola Unión Europea para dar resposta aos novos paradigmas do transporte urbano. O conxunto de infraestruturas de simulación das que se dotará o CIAR permitirán operar ao centro como unha infraestrutura de referencia de soporte ao desenvolvemento en paralelo da tecnoloxía e da regulación co obxectivo de ampliar o mercado de usos civís dos drons e acelerar a xeración de actividade económica e industrial arredor deste sector.
Argerey anunciou que estes proxectos terán continuidade no próximos cinco anos a través dun novo período de programación do Polo Aeroespacial de Galicia que, cunha previsión de investimento público-privado de máis de 160 millóns de euros, tratará de transformar os resultados tecnolóxicos acadados en desenvolvemento industrial e crecemento económico a longo prazo.
A directora de Gain tamén puntualizou que os retos da mobilidade non se circunscriben exclusivamente á contorna urbana, senón que no ámbito rural tamén atopamos desafíos importantes como o transporte de paquetería ou a asistencia médica. Por último, apuntou que Galicia está a traballar xa nos proxectos para captar fondos europeos Next Generation, entre os que teñen un papel protagonista o sector aeroespacial e a mobilidade sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?