Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toledo confía en Altia para mellorar as súas capacidades de almacenamento dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toledo confía en Altia para mellorar as súas capacidades de almacenamento dixital

Redacción
Publicado: 17/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_ayuntamiento_toledo.jpgO Concello de Toledo elixiu a empresa galega Altia como partner para mellorar as súas capacidades de almacenamento dixital. O proxecto inclúe a implantación e configuración do novo sistema NAS (almacenamento conectado en rede) e, tamén, o mantemento e soporte técnico. Segundo informa a empresa tecnolóxica con sede en Oleiros, ten como obxectivo “evolucionar a anterior solución de almacenamento usada polo consistorio, reducir o tempo de backup empregado ata agora e asegurar a recuperación ante desastres”.
O Concello, coa renovación das tecnoloxías empregadas para acubillar información, do hardware e do software de backup (copias de seguridade ou reserva), ten o obxectivo de acadar unha notable redución de tempo nas copias de seguridade de todos os documentos que posúe.
Altia engade que as novas funcionalidades do software Veem Backup & Replication, na súa versión Enterprise, permitirán, por exemplo, “recuperar información específica de forma directa sen necesidade de rescatar todos os datos copiados nun momento determinado”. Neste senso, a empresa galega realizará todos os servizos vencellados á implantación e configuración do sistema; a provisión dos elementos necesarios; a instalación, configuración e posta en marcha do software de backup; a capacitación dos técnicos da organización e o mantemento e soporte técnico durante o cinco anos de duración do contrato.
O proxecto, no que o Concello de Toledo investiu máis de 66.500 euros, nace tras a necesidade de diminuír o tempo investido no proceso de copias completas. “Debido ao medre do volume de información a apoiar e ás limitacións da tecnoloxía utilizada, as xanelas de backup eran moi elevadas e o proceso de copia incremental tardaba máis cada día e case chegaba a xuntarse co seguinte proceso”, explicou Manuel Aranda, director asociado en Altia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?