Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa a dixitalización das pemes do comercio galego con máis de 9 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa a dixitalización das pemes do comercio galego con máis de 9 millóns de euros

Redacción
Publicado: 21/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computador_traballo_empresa.jpgO Goberno galego impulsa con máis de 9 millóns de euros a dixitalización de máis de 1.300 persoas autónomas e pequenas e medianas empresas do comercio galego. Este dato foi dado a coñecer este luns polo director do IGAPE, Fernando Guldrís, xunto co director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañados polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.
Segundo fixeron saber, estes apoios, que mobilizan preto de 13,4 millóns de euros, canalizáronse a través de diferentes programas impulsados pola Administración autonómica, como os cheques e as axudas á dixitalización Industria 4.0 ou o Galicia Exporta Dixital, ademais do programa para impulsar a modernización e a innovación no sector comercial galego.
A través dos cheques de dixitalización reciben apoio 759 comerciantes, con axudas por 2,9 millóns de euros que permitirán mobilizar 3,6 millóns de euros. Sobre os datos globais da liña de apoios dos cheques de dixitalización, activada en xuño pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Guldrís sinalou que “permitirá que 2.393 pemes de todos os sectores impulsen procesos de dixitalización que lles faciliten reforzar a súa actividade, achegando axudas por 9,3 millóns de euros que promoverán investimentos por valor de 11,7 millóns de euros”.
Destes preto de 2.400 beneficiarios, a maioría son persoas autónomas e micropemes, explicou. Co-financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, os cheques de dixitalización achegan axudas do 80% dos investimentos realizados por proxectos que teñan como obxecto a posta en marcha de tecnoloxías dixitais para a adaptación á situación provocada pola COVID-19, como o teletraballo, as solucións de conectividade no eido rural, ou sistemas de notificación e de control sanitario e aforo, entre outros. Os gastos realizados deberán ser dun mínimo de 1.500 euros e un máximo de 12.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?