Nas páxinas da nova entrega da revista O Barbanza achegámonos á realidade das medidas domésticas para afrontar as celebracións e percorremos o boom dos deportes ao aire libre. Como vén sendo habitual nos últimos números amosamos o noso apoio ao comercio local e ao sector da restauración.
Pero tamén a historia está presente. O vindeiro 2 de xaneiro celébrase o centenario do afundimento do vapor-correo Santa Isabel, a segunda traxedia en número de vítimas civís de Galicia con 213 mortos, polo que publicamos un resumo con material gráfico e infografía do acontecido aquela noite que tanto marcou as nosas costas.
Pasamos revista a situación da COVID-19 na comarca e percorremos as novidades das literaturas de aquí, boas propostas para agasallar nestas data.
Estes son só algunhas das moitas reportaxes que traen as páxinas de O Barbanza que coma sempre, cunha tiraxe de sete mil exemplares, está a ser distribuída de balde en todos os concellos da comarca que dá nome á publicación e pódese descargar ou consultar en liña.
Chega co Nadal un número dobre da nosa revista O Barbanza
Compartir Este Artigo

