Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A gala final do Festival Rebulir foi seguida online por máis dun milleiro de persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A gala final do Festival Rebulir foi seguida online por máis dun milleiro de persoas

Redacción
Publicado: 22/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rebulir_2020.jpgEsta fin de semana botou o peche a nova edición (a número quince) do Festival Rebulir, un certame de exaltación internacional da nosa cultura con centro de operacións e Ramirás (Ourense) que para esta convocatoria (e co fin de garantir ao máximo a seguridade sanitaria de participantes e público ao tempo que se se garantiu o desfrute das actividades) experimentou unha fonda transformación tecnolóxica. Foron catro días de actividades retransmitidas online que incluíron obradoiros, concertos, animacións e exposicións. Grazas á aposta polo virtual, a gala final do FIR foi seguida en directo dende máis de 1.000 conexións de Internet.
A dirección do evento salientou “o alto grado de seguimento e interese mostrado a través das redes”. Así, actividades formativas como o Obradoiro as Armadanzas foron quen de cubrir todas as prazas dispoñibles e os concertos virtuais lograron xuntar en liña a centenares de persoas.
Especialmente destacable foi a gala do sábado, na cal se entregaron os Premios Rebulir da Cultura Galega a Mercedes Peón, Fina Calleja e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes. Segundo informa a organización do evento, máis de 1.300 persoas de todo o mundo seguiron en directo as actuacións e discursos, superando as expectativas iniciais.
Desde Rebulir indican que están a traballar na XVI edición, agardando “poder recuperar a convivencia e intercambio persoal, que son os piares que dan sentido a este tipo de eventos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?