Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo leva Internet de ata 1.000 Mbps á Fonsagrada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo leva Internet de ata 1.000 Mbps á Fonsagrada

Redacción
Publicado: 22/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_fonsagrada_concello.jpgA compañía de fibra óptica Adamo será a primeira operadora de telecomunicacións en levar Internet de alta velocidade ao concello da Fonsagrada, en Lugo. A empresa deu a coñecer este martes que vai pór a disposición da veciñanza do municipio galego o que nas súas palabras é “a fibra óptica máis rápida que existe hoxe en día no mercado”, que achega velocidades de ata 1.000 Mbps.
Na súa recalada no municipio lucense a empresa contou coa colaboración do Concello, que facilitou o labor dos técnicos. Segundo explica Adamo, “este respaldo tamén quedou patente na presentación do novo servizo, á que acudiron Carlos López, alcalde da Fonsagrada, e José Ángel Fernández Carrín, tenente de alcalde do municipio”. Por parte de Adamo estivo presente, na xuntanza de mediados de decembro, David Llano, delegado rexional da empresa na zona.
Este despregamento de conexión a Internet de alta velocidade na Fonsagrada únese aos xa realizados por Adamo noutros dous municipios de Lugo: os municipios de Begonte e Cervo. A eles engadiranse outros puntos da provincia tanto en 2021 como en 2022.
Adamo explica que a súa fibra óptica ofrece capacidades para “poder teletraballar cunha conexión estable, manter vídeo-conferencias sen cortes, estar máis preto dos familiares e amigos que viven lonxe, pasar citas médicas por vídeo-chamada, comprar a través de Internet, ter a posibilidade de acceder a educación de forma remota ou ver series ou gozar de videoxogos en liña, entre outras opcións”.
A nivel estatal, Adamo xa conta con 10.000 quilómetros de rede propia no rural, grazas aos cales ofrece servizo en 600 municipios de todo o ámbito estatal. Co obxectivo de dotar de fibra óptica de alta velocidade ás zonas máis afastadas, a compañía dispón da ferramenta Adamo Fiberhood, un sistema mediante o cal, só coa petición conxunta de 30 veciños a través dunha web, é de abondo para que a empresa despregue a fibra óptica nun municipio. A Fonsagrada conta cun sitio de seu na devandita páxina, onde as veciñas e veciños van deixando caer as súas solicitudes de contar cos servizos da operadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?