Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro publica a primeira base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro publica a primeira base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa

Redacción
Publicado: 22/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

palmed_centro_ramon_pineiro.jpgO secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, presentou este luns no salón de actos do Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), o novo PalMed, a base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa, que pode consultarse xa no Portal da Lingua Galega e na web do CRPIH.
García fixo saber que “a lírica galego-portuguesa é unha das tradicións poéticas medievais que dispón de máis e mellores instrumentos dixitais”, feito que se debe “en boa medida”, dixo, ao labor pioneiro do Centro Ramón Piñeiro, un instituto de investigación da Xunta de Galicia que leva máis de 20 anos traballando nesta dirección. O centro, engadiu, “continúa hoxe ampliando e mellorando a oferta de recursos en liña para que as persoas investigadoras poidan acceder libremente e desenvolver máis e mellores estudos”.
Xunto con Valentín García interviñeron na presentación Manuel González, coordinador científico do CRPIH, e Pilar Lorenzo, coordinadora científica de PalMed xunto con Mercedes Brea, así como codirectora e co-supervisora xeral do proxecto.
Os investigadores do centro recordaron que o MedDB púxose en liña hai máis de dúas décadas, constituíndose como “a primeira base de datos de acceso libre que, ao conter o corpus completo da lírica trobadoresca, permitía aos estudosos e interesados nesta tradición poética acceder a todas as cantigas, coñecer datos dos seus autores e realizar buscas complexas en diversos campos”.
A dita base de datos foise enriquecendo nas súas distintas versións e viuse complementada por ferramentas elaboradas por outras institucións, como Littera, da Universidade Nova de Lisboa, ou Universo Cantigas, da Universidade da Coruña.
PalMed, a base de datos que se presentou no Pazo de San Roque, “vai un paso máis alá ao ofrecer, non os textos das edicións críticas, senón a transcrición paleográfica dos manuscritos da lírica galego-portuguesa, co fin de facilitar o labor de investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos ou ecdóticos sobre a produción trobadoresca”, explicaron, poñendo o foco na súa interface amigable que permite, entre outras posibilidades, “contrastar as transcricións con imaxes dos manuscritos ou ver en paralelo as versións de todos os manuscritos que transmitiron unha peza”. Tamén fixeron fincapé en que está estruturada de maneira que se poida combinar coa base de datos MedDB. Amais, destacaron os investigadores, conta cun teclado virtual que representa a totalidade dos caracteres empregados nas transcricións, o que permite afinar as buscas textuais ata o nivel máis concreto.
O equipo que fixo posible. esta ferramenta está encabezado por Mercedes Brea e Pilar Lorenzo, coordinadoras científicas, e Antonio Fernández Guiadanes, codirector e supervisor do proxecto, xunto coas profesoras mencionadas. Completan o grupo de traballo José Carlos Sánchez, que se ocupou da arquitectura da información e do desenvolvemento; Carmen de Santiago, coordinadora técnica, e os investigadores Helena Bermúdez, Déborah González, Simone Marcenaro, M. Isabel Morán, Susana Pedro e Mª Ana Ramos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?