Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os percorridos virtuais sobre a Xeración Nós xa chegaron a preto de 3.000 estudantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os percorridos virtuais sobre a Xeración Nós xa chegaron a preto de 3.000 estudantes

Redacción
Publicado: 22/12/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

libro_xeracion_nos_arqueoloxia.jpgO libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós, impulsado polo Goberno galego e o Seminario de Estudos Galegos, foi presentado este martes 22 na sede da Delegación de Ourense polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. A obra, incide na importancia da Xeración Nós para o desenvolvemento dos decisivos e determinantes estudos que sacaron á luz os vestixios, pegadas e sinais da nosa historia. Enmárcase nas actividades programadas con motivo do centenario da revista Nós. Na presentación fíxose balance da actividade online xerada polo programa conmemorativo deste centenario. Informouse, por exemplo, dos preto de 3.000 estudantes que se achegaron ao legado dos intelectuais homenaxeados a través das novas tecnoloxías grazas aos percorridos virtuais para centros educativos.
O libro presentado este martes estruturase en nove capítulos e reflicte o movemento pioneiro da Xeración Nós no ámbito literario e científico. O primeiro capítulo céntrase na Prehistoria, mentres que os catro seguintes analizan a figura de López Cuevillas como pioneiro do coñecemento científico sobre a cultura castrexa, investigador da prehistoria e colaborador sobre o mundo romano e etnógrafo. Os demais capítulos afondan na relación da Xeración Nós coa arqueoloxía do norte de Portugal e coa investigación arqueolóxica na Coruña, en Lugo e en Pontevedra.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sinalou “o importante papel que xogou Florentino López Cuevillas no eido da arqueoloxía galega”. De feito, as súas importantes achegas quedan reflectidas no libro, xa que catro dos noves capítulos totais, están dedicados a súa figura. Doutra banda, Anxo M. Lorenzo explicou que “tanto o Museo Arqueolóxico de Ourense como o Castro de San Cibrao de Las, están moi unidos ao traballo de Cuevillas”.
Exposición e nova web
O lanzamento desta publicación enmárcase nos actos impulsados pola Xunta con motivo do centenario da Xeración Nós, unha efeméride que se vén celebrando ao longo de todo o ano co obxectivo de poñer en valor a inmensa herdanza que deixaron estes referentes culturais.
Así, a programación deseñada para esta conmemoración que se alongará ata 2021 está composta por publicacións, homenaxes, recoñecementos e exposicións entre as que se atopa a creación dunha páxina web que aglutina todos os contidos do universo Nós, (revistanos.galiciana.gal), ou a exposición Galicia, de Nós a nós, a gran mostra sobre os intelectuais que forxaron o galeguismo do século XX e que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas procedentes de España, Francia, Alemaña e Portugal e que desde a súa inauguración, o pasado mes de outubro, xa foi visitada por máis de 10.000 persoas de xeito presencial. A esta cifra súmanse os preto de 3.000 estudantes que se achegaron ao legado de Nós a través das novas tecnoloxías grazas aos percorridos virtuais para centros educativos. En total, participaron nesta actividade 50 centros de toda a Comunidade.
O Grupo Nós
O 20 de outubro de 1920 naceu na cidade de Ourense a revista Nós. Arredor dela xurdiu un grupo de autores literarios que, a partir da Asemblea de Monforte (1922), fóronse integrando nas estruturas das Irmandades da Fala. A revista Nós estaba conformada principalmente na súa orixe polos integrantes do cenáculo ourensán (Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Losada Diéguez e Florentino López Cuevillas) e máis o intelectual, artista e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Nos anos seguintes a revista verá chegar novos autores.
Baixo a denominación de Xeración Nós ou Grupo Nós inclúense polo tanto os autores vencellados á devandita revista. Teñen en común ter sido dinamizadores activos da cultura e a lingua galegas, amais de estaren moi involucrados no eido político do seu tempo, ligados principalmente ao Partido Galeguista, que contribúen a crear.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?