
Na xuntanza, os representantes veciñais interesáronse pola evolución de instalación de fibra óptica no casco vello, traballos que actualmente se están a desenvolver en zonas nas que non é necesario levantar o pavimento das rúas para facer o cruce dos cables. A asociación, se ben recoñeceu a redacción e aprobación dos proxectos de despregamento da rede “marchan a bo ritmo”, e logo do impulso que significou a concesión (este mes de decembro) da licenza para a quinta fase nas zonas de Algalias e Porta da Pena, solicitou ao Concello e ao Consorcio de Santiago que “axilicen estes cruces de cables nas rúas, así como as acometidas nos edificios, para iniciar o antes posible a entrada progresiva e por fases do servizo de fibra óptica”. A Asociación tamén pediu que se inicie, na maior brevidade, “a retirada do cableado obsoleto e fóra de uso da rede telefónica e eléctrica”.
A veciñanza da contorna histórica de Santiago pide que se axilice o despregamento de fibra óptica
Compartir Este Artigo

