Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os maiores da Coruña locen na Rede talento audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os maiores da Coruña locen na Rede talento audiovisual

Redacción
Publicado: 23/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_de_maior_crea.jpgO obradoiro De Maior Crea, impulsado por ASEDUC e a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña, pechou a súa cuarta edición coa emisión en liña das curtametraxes realizadas estes meses polo alumnado. Foi un taller dirixido a persoas de máis de 55 anos, que mediante accións formativas de creación audiovisual, buscaba facer actividades con maiores ou para maiores.
A Asociación Socio Educativa para a Educación (ASEDUC) quere con este tipo de iniciativas fomentar a autonomía, o envellecemento activo e os hábitos saudables entre a terceira idade, ao tempo que se avanza en convivencia e en interactividade entre persoas de distintas xeracións.
Esta edición adaptouse ao contexto actual desenvolvendo a maior parte das actividades de forma en liña. Para iso creouse unha plataforma educativa que contén vídeos e unidades didácticas para libre descarga das e dos participantes, Estes contidos complementáronse con reunións en liña nas que se impartiron clases maxistrais e aclaráronse dúbidas.
O proxecto foi financiado pola Concellería de Igualdade, Benestar Social e está dirixido polos cineastas Manolo Gómez e Domingo D Docampo.
O taller comezou en outubro con propostas de creación narrativa, fotográfica e audiovisual para as persoas que participaron nas edicións anteriores. Durante as actividades realizaron un achegamento aos fundamentos da cinematografía móbil e a linguaxe audiovisual, así como unha serie de prácticas coas que afondar nos coñecementos adquiridos.
Os contidos ficarán con acceso libre na web e nas canles do proxecto.
O proxecto complementouse coa emisión das curtametraxes realizadas polas alumnas nos meses anteriores. Durante o mes de xaneiro a plataforma Filmin ofrece a colección De maior crea, a través da cal pode verse unha escolma das películas adicadas ás persoas maiores. Igualmente, pode visualizarse en Youtube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?