Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amparo Alonso recibe o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amparo Alonso recibe o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020

Redacción
Publicado: 29/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

wonenburguer_2020_01.jpgNa xornada de onte celebrouse o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020, que recibiu a enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial, Amparo Alonso, ante a presenza do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.
Durante a súa intervención, María Jesús Lorenzana destacou a aposta da Xunta para fomentar as vocacións STEM –ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas- entre as nenas e as mozas co obxectivo de eliminar a fenda de xénero que persiste nestes estudos. Nesta liña, indicou a necesidade de integrar a perspectiva de xénero na educación, tanto para acadar a igualdade entre mulleres e homes como para inspirar a participación das nenas e mozas na ciencia, a tecnoloxía ou a innovación.
wonenburguer_2020_02.jpgO Goberno galego conta con varias iniciativas destinadas a pechar a fenda de xénero nestes estudos como o proxecto Nin+, Nin-, Iguais, que favorece o encontro do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores para que teñan referentes femininos en ámbitos laborais onde a día de hoxe non hai paridade de xénero. Esta iniciativa chegou o ano pasado a máis de 1.500 alumnos de 13 centros educativos, que participaron en charlas de 8 mulleres referentes galegas, entre elas 3 Premios Wonenburger.
wonenburguer_2020_03.jpgA conselleira de Emprego e Igualdade sinalou que é preciso levar a cabo proxectos deste tipo dirixidos a visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións das mulleres galegas referentes na ciencia e na tecnoloxía que se adiantaron ao seu tempo abrindo camiño a moitas outras, e polas que foron merecedoras deste premio que concede a Xunta e que nesta edición recibiu Amparo Alonso.
O Goberno galego, a través da Unidade de Muller e Ciencia, outorga anualmente desde 2007 este galardón que recoñece o traballo das mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo da ciencia ou a tecnoloxía. O Premio leva precisamente o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e unha científica adiantada ao seu tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?