Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar atendeu 100 mil chamadas en Galicia a través do seu servizo de atención prioritaria para maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar atendeu 100 mil chamadas en Galicia a través do seu servizo de atención prioritaria para maiores

Redacción
Publicado: 29/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar1.jpgMovistar fixo balance do acadado a través do seu servizo de atención prioritaria para maiores ao longo desta pandemia, unha ferramenta que, segundo apunta a operadora, foi de especial utilidade para responder ás principais necesidades deste colectivo e facilitarlles os trámites que se realizan a través dos teléfonos de información e avarías. Movistar sinala no seu reconto que o servizo recibiu máis de 100 mil chamadas en Galicia dende abril.
En total, atendeu a 42.274 da provincia da Coruña, 34.874 de Pontevedra, 12.199 de Ourense e 11.827 de Lugo. Tiveron especial importancia as consultadas ligadas ás incidencias de voz, TV e conectividade, ás que se sumaron (nas últimas semanas) as de instalación e xestión de alarmas
A operadora lembra que o servizo conta cun revolucionario sistema de recoñecemento de voz que axuda a diferenciar por idade e detecta se a persoa que está alén do auricular é unha persoa maior de 65 anos, permitindo que poida ser atendida de forma urxente e prioritaria, con independencia do motivo da súa chamada ou das solucións que teñan contratadas.
Inclúe prestacións como Quedo coa túa xestión ou Experto tecnolóxico, onde se lles ofrece aos usuarios axuda para configurar o Wi-Fi, o computador, o smartphone ou a smart TV.
A compañía reforzou o servizo en Nadal, destinando un maior número de axentes e recursos mobilizados, tendo en conta a realidade concreta que deu lugar á activación deste servizo durante o confinamento: “Para as persoas maiores, especialmente as que viven soas, a comunicación é un ben esencial e prescindir destes servizos pode empuxar aos maiores a un dobre illamento”.
No conxunto de España, atendéronse xa 2,5 millóns de chamadas, o que representa un 11% do tráfico do 1004.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?