Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego seguirá avanzando en 2021 na dixitalización das bibliotecas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego seguirá avanzando en 2021 na dixitalización das bibliotecas

Redacción
Publicado: 30/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bibliotecas_galicia_galegas.jpgO Goberno galego vai traballar o ano vindeiro na elaboración dun novo mapa de bibliotecas, que servirá para diagnosticar a situación actual destes centros e permitirá garantir o acceso a estes servizos nos lugares nos que a día de hoxe non contan con eles. A medida foi dada a coñecer este martes 29 polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen fixo un balance da situación actual da rede galega de bibliotecas, que, segundo fixo saber, contarán cun medre do investimento en 2021 ata os 7,4 millóns de euros. Con este crecemento, fortalecerase o sistema bibliotecario e farase avanzar a súa dixitalización, dixo.
Tamén lembrou que Galicia supera a media de España de comunidades con mellor ratio de bibliotecas e puxo o foco nos datos do Anuario de Estatísticas Culturais de España que cifra en menos de cen os concellos galegos que carecen de biblioteca local na Comunidade.
Recordou que un dos obxectivos máis inmediatos da Xunta é o de “concretar novas ferramentas de cooperación coas administracións locais que permitan coñecer as necesidades bibliotecarias de cada unha delas”. Para iso, engadiu, a Xunta elaborará o segundo mapa de bibliotecas de Galicia, unha ferramenta posta á disposición dos concellos que “amosará a situación actual e permitirá facer diagnose de necesidades de servizo bibliotecario de cada municipio”. De xeito complementario, desenvolverase o proxecto de bibliotecas itinerantes para garantir o acceso deste servizo á maior parte dos usuarios na Comunidade.
Lorenzo fixo tamén balance das medidas postas en marcha desde a entrada en vigor da Lei de Bibliotecas de Galicia que, como indicou, “permitiu reforzar a cooperación entre os axentes con competencias nesta materia”. Inclúense subvencións para o crecemento e actualización das coleccións das bibliotecas para o que este ano se dedicaron 850.000 euros; as axudas para equipamentos culturais de concellos cun investimento de 500.000 euros, así como a potenciación do papel da Biblioteca de Galicia como institución central do Sistema Galego de Bibliotecas incluíndo a posta en marcha da biblioteca dixital Galiciana e garantiu a aposta do Goberno autonómico por seguir impulsando a dixitalización e a innovación nas bibliotecas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?