Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A privacidade, o potencial anti-COVID das tecnoloxías e os dereitos dixitais centraron o ciclo 2020 das Distopías Cotiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A privacidade, o potencial anti-COVID das tecnoloxías e os dereitos dixitais centraron o ciclo 2020 das Distopías Cotiás

Redacción
Publicado: 31/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

distopias_cotias_2020.jpgO ciclo Distopías Cotiás, impulsado polo Concello da Coruña a través da iniciativa tecnolóxico-social Coruña Dixital, pechou os días pasados a súa edición 2020, unha edición que veu condicionada pola COVID-19 e que, malia as moitas consecuencias que trouxo a pandemia, non impediu que se celebrasen estes encontros distópicos sobre como están a influír as novas ferramentas no noso quefacer diario. O ciclo 2020 pechou en decembro cun interesante debate sobre a Carta de Dereitos Dixitais impulsada polo Goberno. Nel participaron Sofía Prósper, Santiago Saavedra e Pablo Castro, do colectivo Trackula, pero tamén, a través do chat, as persoas conectadas en directo á canle de YouTube das Distopías, onde se pode ver a sesión por enteiro.
Segundo lembran dende Coruña Dixital, Distopías Cotiás é un ciclo de encontros mensuais co-organizados pola Rede Municipal de Bibliotecas para reflexionar sobre “o impacto das tecnoloxías nas nosas” vidas. Botou a andar de maneira presencial en xaneiro de 2020 na biblioteca do centro Ágora, pero, tras declararse o estado de alarma pola COVID-19, trasladouse ao espazo dixital.
A primeira das sesións foi adicada, da man de Pablo Castro, a falar de ética, privacidade e tecnoloxía. No mes de febreiro, coa avogada María Cerviño, achegouse unha reflexión sobre como recuperar a nosa privacidade. Xa en liña, trala pausa que provocou a situación xerada pola pandemia, tomaron a palabra a analista Gema Galdón, que afondou no emprego das TIC ante a crise da COVID-19, e máis Pietro Marini, que falou sobre información a gran escala (Big Data) e Intelixencia Artificial. Tamén participou en Distopías Cotiás o profesor de comunicación política Víctor Sampedro coa súa Dietética Digital ata chegar a sesión desta semana sobre a Carta de Dereitos Dixitais.
Todas as sesións de Distopías Cotiás, tanto presenciais como en liña, están dispoñibles en Youtube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?