Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra permitiu a celebración segura de centos de xuntanzas municipais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra permitiu a celebración segura de centos de xuntanzas municipais

Redacción
Publicado: 07/01/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra rematou o ano facendo balance das súas principais liñas de actuación en materia de transformación municipal: recursos postos en xogo para favorecer a adaptación dos concellos á Administración Electrónica, á telexestión e ao teletraballo. No balance, amais do servizo provincial de eAdministración ou o padrón municipal de habitantes, a entidade pontevedresa salienta outros fitos como a plataforma telemática para reunión de órganos colexiados (que permitiu centos de xuntanzas de traballo), o sistema de cita previa para a atención da cidadanía evitando aglomeracións ou a aplicación móbil para a xestión dos tributos do ORAL que ceiba á cidadanía dos desprazamentos ás oficinas para realizar pagamentos.
Respecto do módulo de reunións virtuais e retransmisión en directo, trátase dun servizo que permite sesións telemáticas dos órganos colexiados, reunións, mesas de contratación e traballo colaborativo entre persoal funcionario a distancia. Así celebráronse mediante este sistema a distancia 189 plenos municipais, 248 xuntas de goberno, 265 comisións informativas, 176 mesas de contratacións, 1.293 sesións telemáticas para reunións de traballo interno entre o persoal das administracións locais e 119 sesións telemáticas para a composición de tribunais, entre outras cuestións.
No que respecta á cita previa, tamén impulsada este ano e integrada no programa de Administración Electrónica, da Deputación, trátase “dun servizo que permite reservar con anterioridade unha cita presencial, telemática ou telefónica no concello, evitando aglomeracións e garantindo o mantemento das distancias de seguridade e a correcta atención da cidadanía”. Neste caso, realizáronse preto de 11.000 citas previas dende a posta en marcha do servizo, que permitiron realizar preto de 9.000 atencións presenciais, 1.855 telefónicas e 50 telemáticas.
O servizo de Administración Electrónica impulsado pola Deputación de Pontevedra permitiu, amais, que os concellos da provincia puidesen manter a súa actividade e prestación dos servizos públicos durante o confinamento. Así, aproximadamente 6.150 persoas tiveron a oportunidade de seguir prestando a súa actividade tanto nos concellos da provincia como na propia institución provincial, de xeito remoto, evitando a paralización completa da actividade nas administracións. Neste mesmo eido o Goberno provincial lanzou tamén en xuño outras iniciativas como unha app móbil, en colaboración con Abanca, para facilitar o pagamento dos tributos municipais e calquera outro ingreso de dereito público xestionado polo ORAL.
Amais do anterior, tamén se impulsou o servizo de padrón municipal de habitantes, no que se investiu preto de medio millón de euros nos últimos tres anos, que permite a implantación dunha solución informática para xestionar estes datos, axeitadamente, en 31 concellos adheridos.
Ao padrón hai que engadir outras prestacións impulsadas pola institución provincial como o servizo de impresión e dixitalización para entidades locais da provincia, do que se benefician 34 concellos e unha mancomunidade, e permite custes máis competitivos neste ámbito; ou a copia de seguridade na nube, que posibilita cumprir cos requisitos técnicos do Esquema Nacional de Seguridade e do Regulamento Xeral de Protección de Datos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?