Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os comportamentos machistas perpetúanse intactos no eido dixital, segundo unha tese presentada na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os comportamentos machistas perpetúanse intactos no eido dixital, segundo unha tese presentada na UVigo

Redacción
Publicado: 11/01/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_mobil.jpgA investigadora lusa Ana Isabel da Silva Castro Forte vén de presentar na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense unha tese de doutoramento que aborda a problemática da violencia nas relacións de parellas adolescentes achegando un punto de vista duplo que compara e analiza os modelos de comportamento offline e os modelos online. Segundo fai saber na súa investigación, a violencia exercida no eido dixital, coñecida como cyber teen dating violence, ten dinámicas semellantes ás xa estudadas na violencia das relacións de parellas adolescentes perpetrada cara a cara.
A tese, titulada Num encontro ás cegas com a violência? Contributos da psicologia feminista crítica para a compreensão da violência no namoro nas culturas juvenis, estivo dirixida polas profesoras Yolanda Rodríguez e María Lameiras. Nela, a investigadora lembra que está xa fóra de toda dúbida a máis que completa influencia que teñen nas nosas vidas os formatos e os contidos da era dixital, “e a sexualidade non é unha excepción”. Ana Isabel explica que “se por unha banda Internet e as tecnoloxías proporcionan oportunidades únicas relacionadas coas posibilidades de interacción social, de aumento da información e de coñecemento da diversidade sexual, por outra banda, constitúese un espazo de normalización da violencia e da obxectivización do corpo das mulleres”.
Na súa tese Ana Isabel da Silva empregou unha “metodoloxía multimétodo”, na que combinou a dimensión cuantitativa a través de cuestionarios e cualitativa a través de grupos de discusión. Na parte cuantitativa participaron 169 persoas (77 mulleres e 92 homes con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos do norte de Portugal, 77 de Educación Secundaria e 91 de Formación Profesional) e na cualitativa 143 adolescentes do estudo cuantitativo, 62 rapazas e 81 rapaces. Os principais resultados desta investigación, explica a súa autora, “suxiren que a cyber teen dating violence presenta dinámicas similares ás xa estudadas na violencia das relacións de parellas adolescentes perpetrada cara a cara e que a violencia de xénero traspasa as actividades e interaccións establecidas a través dos dispositivos tecnolóxicos, revelándose a presenza de estereotipos de xénero, mitos de amor romántico e actitudes de tolerancia e lexitimación fronte a comportamentos abusivos que sustentan as desigualdades de xénero entre mozas e mozos”.
Segundo se recolle na tese de doutoramento, “a pesar que a maioría das e dos participantes expresa non ter experiencia de situacións de violencia nas súas relacións de parella, adoitan percibir numerosos comportamentos violentos nas súas relacións afectivas como algo normalizado e cotiá no seu día a día”.
A investigadora engade que “as condutas de control” non sempre se teñen identificado como “comportamentos abusivos”, sendo decote asociados con “preocupación, descoñecemento, ciumes e desconfianza”. Este patrón de comportamento é “moi semellante entre mozas e mozos e está en liña cos resultados que non amosan diferenzas de xénero en relación ao nivel de coñecementos sobre a violencia nas relacións de parellas adolescentes”.
Entre outros moitos focos de atención, o estudo de Ana Isabel da Silva Castro Forte analizou os comportamentos de sexting, de envío de mensaxes sexuais, por medio de teléfonos móbiles do colectivo adolescente participante. En relación a este fenómeno, a tese apunta como “comprobouse que varios e varias adolescentes descoñecían o termo, pero recoñecían que a práctica deste comportamento é frecuente nas relacións de adolescentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?