Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora de AMTEGA salienta o importante esforzo galego para destacarse no panorama mundial de 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora de AMTEGA salienta o importante esforzo galego para destacarse no panorama mundial de 5G

Redacción
Publicado: 14/01/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mar_pereira_destaca_5g.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, participou este xoves na clausura do seminario en liña 5G, unha revolución en marcha, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) en colaboración coa operadora de telecomunicacións Vodafone. No transcurso da súa intervención, Pereira enxalzou o “esforzo da nosa terra por destacarse como territorio preferente na extensión do 5G”. Neste senso, lembrou que foi “unha das primeiras comunidades en contar cun plan para favorecer a extensión desta tecnoloxía”.
En termos máis concretos, recordou que ao abeiro deste plan puxéronse en marcha iniciativas tan destacadas como a a creación dun Nodo Galicia 5G co compromiso dos tres principais operadores (Vodafone, Telefónica e Orange) de realizar os primeiros casos de uso. “Deste xeito Galicia conformou un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores pola Comunidade para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que favoreceu que hoxe, e grazas ao impulso da Administracións autonómica e estatal, se estean a desenvolver máis de 30 pilotos de 5G en ámbitos como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación”, explicou, engadindo que o 5G “é unha das tecnoloxías disruptivas sobre a que pivotará a transformación dixital da vindeira década e así se recolle tamén na Estratexia Galicia Dixital 2030, recentemente aprobada polo Consello do Goberno Galego”.
Mar Pereira concluíu sinalando que “o compromiso é seguir avanzando no impulso destas redes para que Galicia aproveite ao máximo as posibilidades do 5G, a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e, polo tanto, unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica”.
Segundo apuntou, o novo estándar móbil posibilitará a disposición de servizos avanzados en moitos ámbitos, especialmente en eidos clave como a sanidade e a educación, desenvolver novos modelos de negocio e consolidar a especialización tecnolóxica no territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?