Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC pon en marcha as sesións de sensibilización e desenvolvemento tecnolóxico de Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC pon en marcha as sesións de sensibilización e desenvolvemento tecnolóxico de Talentos Inclusivos

Redacción
Publicado: 14/01/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Sesión co alumnado dos Salesianos
Sesión co alumnado dos Salesianos
O pasado mes de decembro presentou na sede do Centro de Investigación TIC o proxecto Talentos Inclusivos, desenvolvido polo CITIC e ASPACE Coruña co apoio do Consello Social da UDC e co obxectivo de “fomentar vocacións tecnolóxicas entre estudantes e Secundaria e Bacharelato ao tempo que se mostran os atrancos cos que se topan cada día as persoas con diversidades funcionais”. O programa, que recibiu unha axuda de 30.000 euros por parte da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), colleu impulso co inicio do ano, coa arrinque das sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral (unha vez definidos todos os equipos de traballo e os retos a desenvolver por parte dos centros educativos participantes no proxecto).
Esta semana tiveron lugar as sesións co colexio Calasanz PP. Escolapios, o IES de Ortigueira e o colexio Salesianos San Juan Bosco. Nestes primeiros encontros, os usuarios e profesionais de ASPACE Coruña explicaron aos estudantes dos diferentes centros educativos que é a parálise cerebral, como a viven persoalmente e que limitacións lles supón para desenvolver unha vida plena. Tamén destacaron como as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), e especialmente a robótica e a domótica, poden axudar a mellorar a súa calidade de vida.
Un intre da xornada no centro Escolapios
Un intre da xornada no centro Escolapios
Sesión de sensibilización co colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña
Esta sesión celebrouse o 11 de xaneiro e nela participaron máis de 70 alumnos das dúas aulas de 1º de bacharelato do colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña.
Desde as aulas do Calasanz, o alumnado e o seu profesor Roberto Catoira comezaron a traballar no desenvolvemento de distintas solucións de robótica adaptadas ás capacidades dos usuarios. En concreto, desde este centro darase forma a robots que poidan ser manexados desde distintos dispositivos como poden ser luvas, volantes adaptados ou mandos controlados desde os pés. Para o dito obxectivo, o centro conta xa co material que lle permitirá empezar a traballar nos primeiros prototipos, como son dúas placas Micro:bit, un robot e unha impresora 3D para o desenvolvemento das adaptacións.
Traballo a través de vídeo-conferencia co IES de Ortigueira
Traballo a través de vídeo-conferencia co IES de Ortigueira
Sesión de sensibilización co IES de Ortigueira
O 12 de xaneiro celebrouse a sesión de sensibilización sobre a parálise cerebral co IES de Ortigueira. O subdirector do CITIC e investigador principal do proxecto, Javier Pereira, e a investigadora Carla Guerra presentaron o proxecto Talentos Inclusivos ao equipo de traballo do instituto, formado por dez alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e a súa profesora Patricia Hermida.
Así mesmo, dous usuarios de ASPACE Coruña suscitaron o reto a desenvolver polo equipo de Ortigueira, que consistirá no desenvolvemento de xoguetes adaptados ás súas necesidades. Os mozos de ASPACE Coruña mostraron a dificultade que entraña para eles o simple acendido dun xoguete convencional.
Sesión de sensibilización co colexio Salesianos San Juan Bosco
O 13 de xaneiro desenvolveuse a sesión de sensibilización co colexio Salesianos San Juan Bosco. O equipo de estudantes puido visualizar a través do equipo de usuarios de ASPACE diferentes formas de manifestarse a parálise cerebral, e como nalgúns casos non afecta ao fala en absoluto e como noutros afecta totalmente, sendo necesaria a utilización dun taboleiro con pictogramas para comunicarse.
Os usuarios de ASPACE explicáronlles aos estudantes dificultades concretas ás que se enfrontan no seu día a día como o aceso e apagado dun ordenador, o uso dun teléfono móbil e a utilización dun timbre, entre outras, concienciando aos mozos da necesidade de que a tecnoloxía sexa universal e accesible para todas e todos.
O equipo de traballo de Salesianos mostrou moito interese por resolver un reto tecnolóxico relacionado coa sensórica ou o desenvolvemento de botóns adaptados.
As vindeiras sesións desenvolveranse ao longo do mes de xaneiro e serán as seguintes:
– 19 de xaneiro co IES Terra de Trasancos
– 21 de xaneiro co IES Sofía Casanova
– 26 de xaneiro con IES Miraflores
– 27 de xaneiro co IES David Buján

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?