
A USC lembra que para o desenvolvemento deste simulador foron deseñados unha ferramenta de tradución do caudal léxico paradigmático a partir dos datos extraídos de xeito automático do WordNet, así como un flexionador nominal. O prototipo recorre á integración de datos lingüísticos e á interoperabilidade entre recursos xa existentes. Como prototipo xera datos para cinco substantivos en galego e portugués, en concreto: gl. aumento | pt. aumento, gl. discusión | pt. discussão, gl. fuxida | pt. fuga, gl. olor | pt. cheiro e gl. presenza | pt. presença.
Segundo explica a profesora Domínguez Vázquez, “a escolla destes cinco substantivos xustifícase polo seu papel de representantes de diferentes escenas cognitivas ou campos semánticos”, engadindo que o prototipo senta os alicerces para o futuro desenvolvemento de ferramentas de xeración argumental máis complexas.
Aplicacións e posibilidades da ampliación
A ampliación das unidades analizadas polo xerador permitirá o seu uso por parte de estudantes de galego e portugués como linguas estranxeiras ou segundas linguas. No seu estado actual, XeraWord presenta unha metodoloxía de análise que pode ser extrapolada a outras linguas e recursos.
O ILG lanza a nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués XeraWord
Compartir Este Artigo

