Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amazon prepara a estrea dunha serie sobre o Camiño de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amazon prepara a estrea dunha serie sobre o Camiño de Santiago

Redacción
Publicado: 15/01/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

3-caminos-amazon-poster-fotogramas-1606415256.jpgO 22 de xaneiro é a data prevista para a estrea dunha nova serie que a plataforma Amazon Prime vén de impulsar. Trátase de 3 Camiños, unha ficción que trata sobre a experiencia que supón facer o Camiño de Santiago. Presentouse hoxe, precisamente, na capital galega.
Estamos perante un proxecto de corte internacional pois a dita serie está producida por Amazon, Ficción Producións e Beta Films, asemade conta coa participación de Radio Televisión de Galicia, RTP de Portugal e Unoenlouno de México.
3 Camiños xunta a persoas de todo o mundo (e as súas culturas) a través dunha peregrinaxe que remata na Catedral de Santiago. A serie está dirixida por Iñaki Mercero, Franciska Meletzky e Norberto López Amado e consta de oito episodios que poderán verse en Amazon Prime Vídeo.
En canto a protagonistas, atoparemos aos españois Álex González (Roberto), Verónica Echegui (Raquel) e Alberto Jo Le (Yoon Soo) -cuxa familia é de orixe surcoreana-, a alemá Anna Schimrigk (Jana) e o italiano Andrea Bosca (Luca) -a quen se une a mexicana Cecilia Suárez (Úrsula) na segunda metade da tempada-, dá conta do carácter internacional do proxecto, no que se manexan ata sete idiomas: español, inglés, coreano, alemán, italiano, francés e portugués.
O Camiño pasa a ser o eixo central no que se desenvolve a trama que xorde das 5 vidas dos diferentes personaxes que pertencen a 5 nacionalidades diferentes cun Camiño común que os une (o de Santiago). As súas vidas son contadas deténdose en tres ocasións nas que xuntos fan o Camiño nos anos 2000, 2006 e 2021.
Engadir que a serie 3 Camiños está patrocinada polo Xacobeo 2021, un xeito de dar a coñecer os pobos e cidades que percorren a ruta e un xeito tamén de alentar aos espectadores a facer o Camiño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?