Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant contará co apoio de GAIN para dar forma a un centro empresarial centrado en 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant contará co apoio de GAIN para dar forma a un centro empresarial centrado en 5G

Redacción
Publicado: 19/01/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_gain_2.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou este 19 de xaneiro na presentación do centro de innovación aberta en tecnoloxías móbiles avanzadas posto en marcha polo Centro Tecnolóxico Gradiant co apoio da Xunta de Galicia, co co-financiamento de fondos FEDER (programa operativo FEDER Galicia 2014-2020) e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Na presentación participaron tamén Luis Pérez e Fernando Jiménez, director xeral e xerente de Gradiant, respectivamente.
Argerey felicitou a Gradiant pola posta en marcha deste laboratorio “unha iniciativa de gran valor para o ecosistema galego de innovación, especialmente para as pemes que disporán dunha contorna na que testar os seus produtos e servizos innovadores e contribuír así á modernización doutros sectores produtivos estratéxicos para Galicia, como os sectores primarios, a industria, a automoción ou o sector saúde”.
A directora de GAIN salientou que “este proxecto está apoiado por dous programas, o programa Cervera do Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do que Gradiant está a desenvolver esta plataforma no marco do proxecto Red Nacional de Excelencia en Redes Móviles Avanzadas Open-VERSO, así como as axudas para o equipamento de centros de xeración de coñecemento da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que tamén apoia este centro”.
gradiant_gain.jpgArgerey destacou tamén que o programa Cervera é un “termómetro” da capacidade dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación a nivel estatal, a través do que os centros galegos teñen captado máis de 5 millóns de euros en axudas, situando Galicia na segunda posición entre as comunidades autónomas.
Lembrou tamén que a Xunta apoia este proxecto a través da súa liña de axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos e de apoio á innovación que leva mobilizado máis de 20 millóns de euros en dúas edicións.
Axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos
A liña de axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos e de apoio á innovación de GAIN, co-financiada con fondos FEDER do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, ten como obxectivo “aumentar a competitividade dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación galegos a través da dotación de infraestruturas tecnolóxicas punteiras naqueles ámbitos estratéxicos prioritarios para Galicia”. Con esta liña de axudas perséguese “seguir avanzando na excelencia investigadora dos centros de coñecemento galegos así como potenciar as súas tarefas de transferencia ao tecido empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?