Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A serie galega 3 Camiños chegará a 240 territorios a través de Amazon Prime
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A serie galega 3 Camiños chegará a 240 territorios a través de Amazon Prime

Redacción
Publicado: 20/01/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

3_caminhos_xunta.jpgEsta mañá celebrouse a rolda de presentación da serie 3 Camiños, impulsada pola produtora Ficción Produciones e cun innovador plan de distribución que cubre 240 territorios a través da plataforma de streaming Amazon Prime Video (a partir do 22 de xaneiro). Na presentación de 3 Camiños participou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, que lembrou que a produción conta co apoio do Goberno autonómico a través dunha achega de 1,5M€. Segundo fixo saber, a serie reflicte “o bo momento que está a vivir o sector audiovisual galego”.
3_caminos_elqxgy3xiaa-na8.jpgNa rolda, Rodríguez felicitou ao equipo técnico e artístico da serie, e aos seus responsables, “por ser quen de culminar este proxecto en tempo, a pesares de que a pandemia interrompeu a rodaxe” no mes de marzo. Con “esforzo e determinación”, dixo, esta nova proposta audiovisual “foi un dos primeiros proxectos audiovisuais que retomou a súa actividade tras a parada obrigada pola crise sanitaria respectando os protocolos sanitarios”. Tamén destacou o feito de que se levar a cabo cuns servizos de produción 100% galegos e que o 80% do persoal técnico procede da Comunidade. Ademais, dixo que se estima que o proxecto chegará a unha audiencia potencia de 200 millóns de persoas.
O conselleiro de Cultura da Xunta estivo presente na rolda de prensa xunto co xefe de contidos de Prime Video en España, Ricardo Cabornero; a produtora executiva da serie, Mamen Quintas; o director, o ourensán Tito López Amado, e os protagonistas da serie. O responsable de conducir o acto foi o actor Luis Zahera, que tamén forma parte do reparto.


Tráiler da serie

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?