O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura iniciou este 21 de xaneiro as visitas didácticas a través de vídeo-conferencias para explicar e dar a coñecer a exposición As miradas de Isaac aos centros escolares. Neste intre, xa están inscritos preto de 30 colexios. A previsión é que, a través da 70 emisións en liña programadas ata o 26 de marzo, sexan máis de 2.000 rapaces e rapazas os que poidan afondar, coas garantías sanitarias que achega a comunicación online, na vida e proxectos de Díaz Pardo.
Con estas visitas en liña, a Xunta quere consolidar unha iniciativa que xurdiu como “unha alternativa para os centros de ensino ás saídas escolares programadas, limitadas polas actuais medidas de contención da pandemia da COVID-19”. O proxecto arrancou con éxito o pasado mes de outubro coa exposición Galicia, de Nós a nós e cuxas visitas virtuais remataron o 15 de xaneiro rexistrando a participación de máis de 4500 estudantes de ESO e Bacharelato de 51 centros galegos.
No caso das visitas didácticas en liña organizadas pola Consellería de Cultura e Educación para As miradas de Isaac continúan activas as reservas por parte dos centros, aos que se lles anima con este tipo de actividades a tirar proveito das posibilidades da tecnoloxía que permiten a docentes e estudantes afondar en “contidos culturais de primeira orde e gran potencial didáctico”.
A Cidade da Cultura achega por vídeo-conferencia a mostra As miradas de Isaac
Compartir Este Artigo

