Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concerto Piano solo entre árbores de Abe Rábade, dispoñible no Portal da Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concerto Piano solo entre árbores de Abe Rábade, dispoñible no Portal da Lingua

Redacción
Publicado: 22/01/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abe_rabade_piano_bosque.jpgO pianista galego Abe Rábade, unha das grandes figuras do jazz estatal e internacional, protagoniza estes días unha das máis singulares actividades adheridas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, impulsado pola Secretaría de Política Lingüística. Estamos a falar do concerto en liña Abe Rábade. Piano solo entre árbores, que pode verse dende xa no Portal da Lingua Galega. O audiovisual foi presentado este xoves 21 no Pazo de San Roque, en Santiago, nun acto que contou coa presenza do propio artista e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen enxalzou “a longa traxectoria de Abe Rábade na creación do jazz galego”.
Tamén loou a súa aposta por unir a lingua do país que el emprega acotío cun xénero musical “nacido fóra das nosas fronteiras e que, por certo, ten presenza en máis proxectos do Fondo Xacobeo 2021”.
secretario_xeral_politica_linguistica_valentin_abe_rabade.jpgO secretario xeral indicou “que non hai mellor maneira de demostrar que a nosa lingua, tan acaída para a expresión da cultura tradicional e autóctona, está aberta e é perfectamente válida tamén para incorporar todas aquelas cousas boas que nos poidan chegar de fóra”.
Xunto con Valentín García participaron na presentación o pianista e compositor de jazz Abe Rábade e Rosa Salgado, representante de Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega, que produciu o concerto.
Piano solo entre árbores
Abe Rábade interpreta no audiovisual o que cualificou Valentín García como “un repertorio único”, seleccionado e traballado durante o confinamento, que inclúe as seguintes pezas: Liberación, Desexo, Ham-Dam. Improvisation e Freixo. O concerto foi gravado ao aire libre, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados, o 4 de novembro de 2020.
A interpretación das catro composicións sinaladas vai precedida dunha presentación a cargo do músico.
O autor
O pianista e compositor Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977) licenciouse cum laude en 1999 en Jazz Composition e Piano Performance polo Berklee College of Music de Boston (EEUU) e actualmente é profesor de dous conservatorios de música superiores de Galicia e de Portugal, ademais de ofrecer clases maxistrais en distintos centros da Península Ibérica.
Publicou 14 discos como líder, tres composicións para grandes formatos e outras tres poético-musicais. Recibiu unha decena de premios e actúa habitualmente con figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo.
O audiovisual Abe Rábade. Piano solo entre árbores forma parte dos recursos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?