Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros educativos xa poden adherirse a Digicraft no teu cole-II
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros educativos xa poden adherirse a Digicraft no teu cole-II

Redacción
Publicado: 22/01/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

digicraft_no_teu_cole-3.jpgO pasado 14 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da convocatoria para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa DigiCraft no teu cole-II promovido pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento das competencias dixitais na infancia e na mocidade.
Segundo se recolle na convocatoria que tamén está dispoñible para consulta no portal da iniciativa, os centros interesados terán de marxe para realizar a súa solicitude ata o 26 de xaneiro. Poderán beneficiarse desta iniciativa ata 200 centros escolares sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ensinanzas de 5º ou 6º de educación primaria nos cursos 2020-2021 e 2021-2022.
Impartiranse un total de tres itinerarios formativos por cada grupo participante, de 12 horas de duración cada un. No curso académico 20/21 o primeiro deles e no curso 21/22 os dous restantes, ata completar un total de 36 horas.
Os centros que se adhiran a DigiCraft terán acceso a formación para que o profesorado poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais en descarga para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e ao alumnado desenvolver as actividades establecidas.
O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación, deseñada pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Universidade de Salamanca para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.
Os itinerarios están compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. Estas actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía (a través do uso dos kits DigiCraft) co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.
Ademais das referentes á Competencia Dixital (CD), trabállanse de forma recorrente e como base do programa outro tipo de competencias clave como a Competencia en Comunicación Lingüística (CCL), a Competencia para Aprender a Aprender (CPAA) ou o Sentido da Iniciativa e Espírito emprendedor (SIE). Neste sentido, as actividades impulsan o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade de comunicación oral e escritura, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.
Galicia foi a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España puxo en marcha DigiCraft no teu cole-II, como parte do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola axencia autonómica AMTEGA. Na primeira convocatoria, lanzada no curso 2019/20 sumáronse á iniciativa un total de 50 centros, que puxeron en marcha diferentes itinerarios formativos centrados en Realidade Aumentada, Intelixencia Artificial, videoxogos e robótica, dos que se beneficiaron 3.800 alumnos de educación primaria e 100 docentes dun total de 50 centros educativos galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?