Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG considera urxente que os centros docentes fagan un uso correcto dos datos persoais dos escolares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG considera urxente que os centros docentes fagan un uso correcto dos datos persoais dos escolares

Redacción
Publicado: 25/01/2021
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

computador_traballando_portatil.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra este 28 de xaneiro, lanzou un manifesto no que comparte coa cidadanía os seus obxectivos (fortalecidos aínda máis co ano que comeza) de propiciar unha contorna dixital o máis segura e fiable posible, ao tempo que se favorece a súa universalidade e a súa accesibilidade. No comunicado o colexio referenda a necesidade de “facer un uso correcto dos datos de carácter persoal dos alumnos e os seus familiares por parte dos centros educativos”.
Esta obriga, explica a entidade profesional que preside Fernando Suárez, “está máis presente na actualidade pola necesidade de utilizar servizos de computación na nube neste contexto marcado pola COVID-19 onde moitas aulas escolares están pechadas e os estudantes teñen que cursar as clases desde as súas casas”. O CPEIG lembra no seu manifesto a súa dispoñibilidade para axudar á comunidade educativa para esta tarefa, que considera “fundamental” e que segue a liña trazada con actividades como Navega con Rumbo ou a comunicación que se fixo o pasado mes de outubro á Confederación de Anpas Galegas pola volta ao cole.
E engade o CPEIG: “A evolución da educación cara unha contorna dixital está máis presente ca nunca, e pódese apreciar no uso dos diferentes servizos de cloud computing: plataformas de xestión educativa e contornas virtuais de aprendizaxe, aplicacións móbiles (redes sociais e outras) e sistemas de almacenamento na nube tipo Dropbox, iCloud ou Google Drive, así como o uso de correos electrónicos distintos da mensaxería da plataforma educativa do centro; todo isto fai moi urxente que os centros educativos galegos velen polo cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal en relación aos alumnos”.
En concreto sinala unha serie de recomendacións:
• Algunhas aplicacións utilizadas non ofrecen información abonda en materia de seguridade sobre a situación dos datos, o seu período de retención, sen información das finalidades dos tratamentos, con falta de transparencia e a posibilidade de prácticas de retención de datos opacas. De non facer uso correcto dos datos, os responsables destas aplicacións poderían elaborar perfís de aprendizaxe, e preferencias ou comportamento dos menores de idade. Así, o CPEIG aconsella aos centros escolares usar unicamente aquelas aplicacións que ofrecen información clara sobre todas estas cuestións.
• As aplicacións educativas deben estar incluídas na política de seguridade dos centros educativos, e os profesores terán que solicitar de forma previa a autorización do centro para o eu uso. Ademais, o CPEIG lembra que o tratamento de datos persoais mediante apps deben incluírse na política de seguridade.
• O centro debe informar a pais ou titores do comezo do uso das diferentes ferramentas tecnolóxicas que tratarán datos persoais dos menores, e onde a información facilitada debe ser concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela.
• As aplicacións usadas deben permitir o control por parte dos profesores dos contidos subidos polos alumnos, en especial do material multimedia dos estudantes (fotos, vídeos e gravacións de voz).
• Aconséllase establecer programas informativos de concienciación na protección de datos persoais, dirixidos a profesores e alumnos, sobre a importancia dun uso correcto das aplicacións. As directrices serían ter especial coidado coa publicación de imaxes e vídeos mediante apps ou ferramentas na nube para non poñer en risco a intimidade doutras persoas; ler a política de privacidade e condicións de uso destas aplicacións antes de utilizalas; configurar opcións de privacidade nas redes sociais; evitar incorporar datos de domicilio ou outros datos persoais que poñan en perigo a seguridade dos menores; e usar contrasinais robustos, con suficientes caracteres e compostos por maiúsculas, minúsculas, números e caracteres especiais, e nunca revelarllos a outra persoa.
• Ao usar sistemas de almacenamento na nube non se deben poñer datos persoais sensibles, relativos á saúde, contrasinais, datos bancarios, material audiovisual privado, etc.
• Cando exista no centro escolar unha plataforma educativa para a interacción entre alumnos e profesores, como no caso de Galicia a Aula Abalar, aconséllase primar o seu uso fronte aos outros mecanismos de comunicación.
• No caso de tratamentos especiais de datos persoais que supoñen un maior risco, como o recoñecemento facial de menores de idade que implica o tratamento de datos biométricos con fins de identificación en imaxes, o responsable debe obter o consentimento expreso do alumnos (se é maior de 14 anos) ou dos pais ou titores (se son menores de 14 anos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?