Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego concede 8 millóns para impulsar a transformación dixital de máis de 600 pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego concede 8 millóns para impulsar a transformación dixital de máis de 600 pemes

Redacción
Publicado: 25/01/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tenda_transformacion_tecnoloxica_comercio_dixital.jpgO Goberno galego vén de conceder novos apoios para acelerar a transformación tecnolóxica do noso comercio, un obxectivo de máxima urxencia tendo en conta as demandas cada vez maiores (derivadas da evolución natural dos tempos pero tamén das esixencias que pon en xogo a situación sanitaria actual) de marketplaces, mercadotecnia en liña, comercio electrónico e comunicación dixital. En concreto, estamos a falar de oito millóns de euros a distribuír a través de tres liñas de axudas. Prevese que destes apoios se beneficien máis de 600 pequenas e medianas empresas.
En concreto, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía destinan 3,7 millóns de euros para que 224 pemes e establecementos realicen proxectos de desenvolvemento tecnolóxico que suporán unha mobilización de investimentos de 11,5 millóns. Co-financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), os apoios desta convocatoria cubrirán unha media do 32% dos gastos realizados polas empresas e comercios beneficiarios.
Entre as iniciativas impulsadas nesta convocatoria destacan a implementación de procesos de comercio electrónico, sistemas de xestión integral e sistemas de intelixencia de negocio. Ademais de apoiar a adquisición de equipos e software, as axudas facilitan as colaboracións necesarias para a súa posta en marcha, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas a nivel individual.
Por outra banda, a cuarta convocatoria das axudas a proxectos Industria 4.0 apoiará cunha achega total de catro millóns de euros sete novas iniciativas colectivas que permitirán, en palabras da Xunta, “seguir avanzando no desenvolvemento en Galicia da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía e mobilizarán investimentos por 13,4 millóns de euros”. Participarán 48 empresas coordinadas por cinco organismos intermedios de carácter sectorial.
Así, o Clúster da Automoción de Galicia (CEGA), o Clúster do Granito de Galicia, o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME) liderarán os respectivos proxectos centrados na dixitalización dos procesos nos seus eidos industriais.
Os proxectos aprobados ao abeiro desta cuarta convocatoria sumaranse aos impulsados polas 128 empresas beneficiarias das tres edicións anteriores, que mobilizan 26,9 millóns de euros en investimentos altamente tecnolóxicos no eido da industria intelixente e conectada.
Estes apoios compleméntanse coa resolución das axudas por valor de 358.000 euros para 22 plans de difusión no ámbito da dixitalización nos que se prevé que participen 360 pemes. Organizados por clústeres e colectivos empresariais dos diferentes sectores produtivos, os obradoiros apoiados están financiados ao 100% e incentivan a creación de espazos de colaboración entre compañías para explorar solucións tecnolóxicas e a implementación de ferramentas dixitais colaborativas, así como oportunidades de hibridación entre sectores produtivos.
Os talleres abordarán aspectos como a transformación dixital e a aplicación das tecnoloxías 4.0 nos sectores loxístico, téxtil, a saúde, o turismo, a hostalería, o naval, a pedra natural e a educación, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?