Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentados os avances de VINIoT, o proxecto para facer avanzar o sector do viño con Internet das Cousas e Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentados os avances de VINIoT, o proxecto para facer avanzar o sector do viño con Internet das Cousas e Big Data

Redacción
Publicado: 25/01/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

viniot_presentacion.jpgOs días pasados celebrouse telematicamente unha xornada técnica para compartir os achados do proxecto VINIoT, unha iniciativa europea e transfronteiriza para facer avanzar o sector do viño en materia tecnolóxica e dixital, poñendo o foco na optimización da xestión e a produción. Na cita participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos.
Este proxecto céntrase na creación dun novo servizo tecnolóxico de monitoraxe de viñedos. Este servizo, subliñou o director da AGACAL, “permitirá ás pequenas e medianas empresas dun dos sectores produtivos máis importantes da nosa comunidade, situadas dentro do espazo SUDOE, facer seguimento das súas plantacións en tempo real, a distancia e con diferentes niveis de precisión (uva, planta, parcela e viñedo)”.
Segundo engadiu, o proxecto VINIoT aborda o acceso en tempo real a medidas de parámetros de alto interese e valor engadido para a planificación e toma de decisións dentro do ámbito vitivinícola. “Isto é posible a partir dunha rede de sensores que segue unha arquitectura de Internet das Cousas e cuxo gran volume de información (Big Data) é procesado con técnicas de Intelixencia Artificial para a obtención destes parámetros”, explicou.
Esta xornada técnica, organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), estivo especialmente dirixida a directivos, investigadores, responsables de enxeñería, técnicos e outros profesionais de produción, I+D+i, deseño e loxística.
Tamén participaron empresas industriais relacionadas principalmente co sector vitivinícola. Ao longo da mesma, intercambiáronse experiencias cos participantes e debateuse sobre as necesidades e os principais retos do sector vitivinícola.
A iniciativa VINIoT foi financiada na terceira convocatoria Interreg-SUDOE 2018 e conta cun orzamento de algo máis de 1,4 millóns de euros. O proxecto botou a andar en outubro de 2019 e rematará en setembro do ano 2022. Nel participan un total de oito beneficiarios, dos cales tres son de Galicia -Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN), líder do proxecto; a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)-, un da Rioxa, un de Portugal e tres de Francia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?