Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense ofreceu unha conferencia sobre a radical revolución que vive a xustiza da man da Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense ofreceu unha conferencia sobre a radical revolución que vive a xustiza da man da Intelixencia Artificial

Redacción
Publicado: 26/01/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_silvia_barona.jpgO Campus de Ourense ofreceu semana unha conferencia sobre Intelixencia Artificial no ámbito da xustiza a cargo de Silvia Barona, catedrática de Dereito Procesual da Universitat de València. O seu relatorio enmarcouse no Curso de Actualización Xurídica, da Facultade de Dereito, que arrincou o pasado venres. Segundo indicou, co espallamento das tecnoloxías, da dixitalización e dos sistemas de aprendizaxe das máquinas e os algoritmos estamos “ante un cambio importantísimo de vida, de relacionarnos, de comprar, de interactuar e de funcionar, e isto loxicamente ten un efecto reflexo, cada vez maior, en todo, tamén no mundo do dereito”.
A sesión, que puido seguirse a través do Campus Remoto da UVigo, foi presentada polas profesoras do centro Francisca Fernández Prol, Inés C. Iglesias e María Dolores Fernández, que destacaron a dilatada traxectoria da relatora.
Durante a conferencia, Silvia Barona ofreceu una panorámica de como “a Intelixencia Artificial chegou para ficar”, definindo este ámbito como “un sistema tecnolóxico, unha estrutura, un sistema computacional, que o que fai é traballar con información, con coñecemento, e que ofrece respostas, que resolve problemas, maximiza obxectivos e optimiza o procesamento da información, realizando operacións comparables ás que realiza o ser humano de aprender e de razoar”.
Segundo engadiu, a irrupción na xustiza das tecnoloxías con capacidade de razoar, pensar e tomar decisións, “máis que provocar unha evolución, que a hai, o que provoca é unha verdadeira metamorfose”. Ao longo da súa intervención, a relatora repasou a evolución recente da Intelixencia Artificial, tanto en xeral como especificamente no eido xudicial, abranguendo desde as primeiras bases de datos de sentencias xudiciais ata os actuais programas de predición de delitos. A revolución tecnolóxica vivida, indicou, fixo que “aparecesen no mundo do dereito os smart contract, os blockchain, os chatbot, o software de argumentación xurídica, os modelos de gobernanza societaria a través de axentes electrónicos ou os programas informáticos que ofrecen preparación de informes ou que permiten a elaboración de normas xurídicas e demandas”.
No caso do dereito procesual afondou en sistemas de xeolocalización, de recoñecemento facial e de predición. Salientou, a nivel estatal, o caso de Viogén, sistema algorítmico de seguimento integral de casos de violencia de xénero posto en marcha en 2007 pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior, e Veripol, sistema pre-procesual que se usa en fase policial e que calcula a probabilidade de que unha denuncia sexa falsa.
No contexto foráneo, Silvia Barona puxo exemplos como Advocate, sistema de determinación da idoneidade e fiabilidade de testemuñas, e Hart, ferramenta inglesa de avaliación de riscos que predí a comisión de delitos nun período de dous anos empregando criterios como a falta de vivenda, consumo de drogas, saúde mental, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?