Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector forestal avanza na súa dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector forestal avanza na súa dixitalización

Redacción
Publicado: 27/01/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ordenacion_forestal.jpgO director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, presidiu hoxe a xornada de traballo en liña a prol da dixitalización do sector forestal, dentro dunha estratexia que ten, entre outras finalidades, as de reducir custos e mellorar a trazabilidade e eficiencia da cadea de subministro da madeira.
Neste evento, organizado pola Consellería do Medio Rural e pola AMTEGA, xunto co Clúster da Madeira de Galicia, o director xeral presentou os principais proxectos dixitais desenvolvidos ao longo dos dous últimos anos polo seu departamento e adiantou tamén aqueles que se están a desenvolver actualmente en coordinación coa AMTEGA.
Así, José Luis Chan lembrou iniciativas como as plataformas que facilitan os aproveitamentos madeireiros de xestión privada e tamén nos montes xestionados por parte de Medio Rural. En relación con estes últimos (xestionados pola Consellería), salientou a presentación telemática, as poxas electrónicas ou o servizo web cartográfico. Referiuse ademais ao Rexistro de empresas do sector forestal (Resfor), que entre outras cousas permite a presentación de declaracións responsables. Así mesmo, destacou a creación de servizos web de consulta e outras funcionalidades, como a presentación telemática de reinvestimentos en comunidades de montes veciñais en man común.
A continuación, presentouse o proxecto piloto FORTRA (Forest Traceability), unha ferramenta dixital de carácter comercial que permite informar a clientes e consumidores das características diferenciais dun produto baseado en madeira. Enmárcase nunha estratexia de valorización destes produtos galegos, de forma que se distingan nos mercados nacionais e internacionais e que se sitúen nunha posición vantaxosa, co conseguinte aumento da competitividade do sector.

Proximidade e pegada de carbono negativa

Para iso, a Consellería do Medio Rural desenvolveu un sistema de trazabilidade de orixe, transparente e público (baseado no uso da tecnoloxía Blockchain). Este sistema, avalado pola Administración forestal, permite presentar os produtos galegos baseados en madeira como produtos de proximidade (quilómetro 0), cunha pegada de carbono negativa (absorbe CO2), libres de deforestación, xestionados de forma sostible e, en determinados casos, cun selo de certificación forestal (PEFC e/ou FSC).
Estas iniciativas forman parte das medidas de dixitalización e valorización dos produtos galegos que incorporou o novo Plan Forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica, que actualmente se está a debater no Parlamento de Galicia. Asemade, esta actuación está tamén contida no Plan de Reactivación presentado o ano pasado pola Consellería do Medio Rural.
Neste contexto, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta reafirmou nesta xornada de traballo que a transición dixital e verde do sector forestal de Galicia está a ser un obxectivo irrenunciable tanto para a Consellería do Medio Rural como para a AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?