Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e o sector TIC impulsan dez novas iniciativas para promover as vocacións tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e o sector TIC impulsan dez novas iniciativas para promover as vocacións tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 01/02/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computadora_empresa_traballadora-2.jpgA axencia AMTEGA comezou o ano fortalecendo a súa alianza co sector TIC galego, co obxectivo de materializar iniciativas para fomentar as vocacións e os perfís tecnolóxico-dixitais. Serán dez actividades a desenvolver no primeiro trimestre de 2021. Abéiranse ao Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent.
O fomento dos talentos científico-tecnolóxicos concentra ata cinco iniciativas. Da man de Televés, un total 30 estudantes de ESO e Bacharelato participarán nas instalacións destas empresa en Santiago de Compostela nunha serie de talleres en torno a robótica colaborativa ou impresión 3D que achegarán aos asistentes ás novas tecnoloxías. O prazo de inscrición para as primeiras formacións técnicas é do 1 ao 10 de febreiro. Ademais, estudantes de bacharelato ou formación profesional poderán acompañar a traballadores desta empresa durante unha xornada de traballo co programa Mentoring Day, que ten dispoñibles tres prazas e cuxo prazo de inscrición vai do 1 ao 10 de mazo do 2021.
Contribuíndo ao mesmo obxectivo, a empresa Altia levará de novo o programa GenTech a centros educativos galegos co que se presentarán proxectos de base tecnolóxica en distintas sesións dixitais para dar a coñecer entre o alumnado a importancia dos profesionais TIC e as oportunidades laborais que existen actualmente. O prazo para inscribirse no programa GenTech xa está aberto e remata o 15 de febreiro do 2021.
Ademais, desenvolverase unha nova edición do concurso de programación The North Codes no que, por equipos, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch. Os interesados en presentar os seus proxectos na web do concurso The North Codes poden facelo ata o 20 de maio.
AMTEGA tamén salienta a nova convocatoria do programa de reforzo das competencias dixitais DigiCraft no teu cole dirixido a alumnos/as de 6 a 12 anos e que chegará ata a 200 novos centros.
Novos perfís dixitais
Para facilitar a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais darase continuidade ás actividades de sensibilización e asesoramento (obradoiros, concursos, premios, etc.) no marco de iniciativas lideradas pola empresa tecnolóxica Everis como a Cátedra de Transformación Dixital ou a Cátedra R Ciberseguridade.
Coa iniciativa Altia Tech Day desenvolveranse ata o mes de xuño distintos workshops de tecnoloxías avanzadas aos futuros profesionais do sector (estudantes universitarios, escolas técnicas e centros de formación profesional) para potenciar o talento e completar a súa formación en tecnoloxías disruptivas.
Ademais, darán comezo as Bolsas DigiTalent coas que 13 estudantes realizarán prácticas non laborais en empresas do sector tecnolóxico coa oportunidade de participar en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas como Big Data, cloud, ciberseguridade, Internet das Cousas (IoT), cadea de bloques (blockchain), Realidade Aumentada, Intelixencia Artificial, etc.
Así mesmo, estase a desenvolver a II edición do Curso de Especialista en 5G, este ano en formato online, impulsado pola AMTEGA en colaboración coa a Universidade de Vigo e o operador público RETEGAL para a capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G a diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico.
Toda a información sobre estas iniciativas así como do resto do catálogo do programa ao que se abeira, atópase dispoñible no espazo web de Digitalent.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?