Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En 2020 o telebraballo incrementouse en máis dun 90% no sector TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En 2020 o telebraballo incrementouse en máis dun 90% no sector TIC galego

Redacción
Publicado: 01/02/2021
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

traballando_computador_portatil_laptop-2.jpgA axencia AMTEGA, a través do observatorio OSIMGA, vén de facer balance do actual estado de desenvolvemento do tecido tecnolóxico-dixital da nosa terra, poñendo o foco na súa actividade, nos seus fitos recentes, nas ferramentas das que bota man e na súa presenza no mundo, entre outros parámetros de interese. O informe A Sociedade da Información nas empresas TIC comeza con datos positivos: o noso sector foi quen de crear 114 novas empresas en 2019 e rexistrou un volume de negocio de máis de 2.800 millóns de euros. No contexto actual de crise, este ámbito produtivo galego foi quen de soportar os embates da adversidade, grazas por exemplo a aposta firme polo teletraballo (que se incrementou en máis dun 90%).
Ademais, en termos máis xenéricos, sinálase que o sector tecnolóxico galego rexistrou 2.897 empresas no ano 2019 (114 empresas máis que en 2018), cun volume de negocio de 2.872 millóns de euros, un 2,5% máis que o ano anterior.
Cun Valor Engadido Bruto (VEB) superior aos 1.500 millóns de euros, o sector TIC supón o 2,44% do PIB total de Galicia, faise saber.
Como dixemos, son datos recollidos no estudo A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2020”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito AMTEGA, en base aos últimos datos rexistrados do sector e a unha enquisa realizada entre setembro e novembro do ano 2020, recollendo indicadores novos como o teletraballo ou a adopción de tecnoloxías disruptivas.
Tendencias: Teletraballo e Tecnoloxías Disruptivas
Ao igual que noutros sectores o impacto da COVID-19 incrementou a adopción do teletraballo nas empresas tecnolóxicas galegas. O 63,4% afirma contar con empregados que desenvolven as tarefas laborais a distancia, o que supón un incremento do 91,5% nun só ano. O 96% dos empregados que teletraballan, fano dende o propio domicilio.
Outras tendencias recollidas (por primeira vez) neste estudo son a implantación das tecnoloxías disruptivas (as tecnoloxías que marcan un antes e un despois no desenvolvemento das comunicacións e da actividade das empresas) no sector TIC galego. Así, o 27,1% das empresas TIC utilizan e/ou incorporan aos seus produtos e servizos o denominado IoT (Internet das cousas). En segundo lugar, nas tecnoloxías disruptivas sitúase o Bussiness Inteligence, que xa é utilizado polo 26% das firmas TIC. e, en terceiro lugar, figura o uso da Intelixencia artificial (19,5%). O OSIMGA salienta tamén que un 16,7% das empresas TIC galegas emprega chatbots, un 14,3% a Realidade Virtual e unha de cada dez empresas TIC fai uso do blockchain (11,3%) e dos xemelgos dixitais e simulación (10%). Ademais o 20,8% das empresas TIC xa utilizan Big Data (análise de información a gran escala) na toma de decisións.
Medra o peso do comercio electrónico
O 75% das empresas TIC en Galicia realizaron compras de bens ou servizos a través de Internet ao longo do ano 2020. Deste xeito, no último ano creceu a porcentaxe de empresas TIC que venderon os seus produtos ou servizos a través do comercio electrónico, situándose no 31,7%, un 7,1% máis que o ano anterior. O peso das vendas a través do comercio electrónico sobre as totais increméntase nun 10,4% ata acadar un peso do 58,2%.
Conectividade
Nesta edición do informe salienta o incremento nas velocidades de conexión a Internet, xa que a porcentaxe de empresas TIC conta con conexións de 100 Mbps supera o 76%, case un 15% que o ano anterior. Con respecto á tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada polas TIC galegas, destaca a fibra óptica (54,6%), que experimenta un incremento do 17,7% no último ano.
Ciberseguridade
O 26,9% das empresas galegas dedicadas ás TIC sufriu un incidente de seguridade durante o ano anterior. Os intentos de estafa e os ataques de virus foron os incidentes máis frecuentes entre as empresas que tiveron problemas coa ciberseguridade. O primeiro (intentos de estafa) medrou en 8 puntos porcentuais no último ano, substituíndo aos virus como incidente máis frecuente.
Xestión empresarial e presenza en Internet
A interacción coas administracións a través de Internet continúa a súa tendencia de crecemento, situándose no 82,9%, 4,6 puntos porcentuais máis que en 2019. O uso da sinatura dixital acada o 69,6% das empresas TIC galegas.
Durante 2020 subiu lixeiramente a dispoñibilidade de páxina web entre as empresas do sector ata acadar o 79%. O uso de redes sociais por parte das empresas TIC galegas, acada o 42,7% en 2020.
Actividades de I+D+i e Formación
Máis dun terzo das empresas TIC galegas (33,7%) levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos años, aumentando lixeiramente a porcentaxe respecto aos datos da edición anterior (33,2%). Entre estas empresas TIC, o 68,3% obtiveron resultados comercializables.
Con respecto á formación, o informe sinala que case que unha de cada tres empresas TIC galegas impartiu formación en novas Tecnoloxías da Información e Comunicación ao seu persoal (31,7%), un 6,4% máis que o ano anterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?