Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ReAcciona apoia 124 proxectos para mellorar a competitividade e a transformación das nosas pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ReAcciona apoia 124 proxectos para mellorar a competitividade e a transformación das nosas pemes

Redacción
Publicado: 01/02/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxectos_transformacion_dixitalizacion.jpgCo remate de xaneiro, o Goberno galego compartiu novidades relativas ás axudas do programa ReAcciona, co-impulsado pola axencia AMTEGA para facilitar ás pemes da nosa terra a creación de recursos útiles para avanzar en competitividade e transformación no contexto actual de crise sanitaria. As axudas acabadas de aprobar ascende a 465.000 euros. Permitirán mobilizar 568.000 euros en 124 proxectos.
Entre os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados á análise do potencial competitivo; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o financiamento da innovación; a construción dun proxecto de futuro e un plan de mellora empresarial; a mellora da xestión financeira e procura de financiamento; a optimización da produción e a cadea loxística; ou o asesoramento para o relanzamento comercial.
Por sectores, máis dun 46% dos servizos aprobados desenvolveranse no sector servizos, un 26% na industria, un 16% no comercio, un 8% na construción e un 4% na hostalería.
As axudas resoltas enmárcanse dentro da terceira convocatoria do programa ReAcciona, co que xa son 531 os proxectos apoiados cunha achega global de 2 millóns de euros, que permitirán mobilizar 2,4 millóns. Proximamente seguiranse resolvendo novas axudas vinculadas a esta edición do programa. Este pon á disposición das pemes beneficiarias servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade introducida o pasado ano, a innovación.
Na iniciativa colaboran a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e conta con co-financiamento do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?