Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Museos Científicos da Coruña encherán de visitas virtuais os festivos e as fins de semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Museos Científicos da Coruña encherán de visitas virtuais os festivos e as fins de semana

Redacción
Publicado: 04/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

museos_cientificos_coruna.jpgOs Museos Científicos da Coruña veñen de presentar un programa de visitas virtuais para o público xeral durante as fins de semana e os festivos. Segundo informaron, trátase de percorridos de balde de media hora polos “módulos máis emblemáticos e as exposicións” coa posibilidade de interactuar co persoal dos centros a través do vídeo e mais do chat.
Consiste tamén nunha medida para contrarrestar, con novas propostas abeiradas ao dixital, o peche actual das Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae por mor das complexas circunstancias sanitarias. Os itinerarios virtuais realizaranse por vídeo-conferencia, cunha conexión a través de Google Meet.
As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para se conectaren co persoal de atención ao público que estará dirixindo a actividade desde o museo, co que ademais, como dixemos, poderán interactuar a través do vídeo ou do chat.
As dúas primeiras fins de semana de febreiro comezarase coas reservas de persoas titulares de tarxetas de entrada anual (Tarxeta Vente e Tarxeta Vente Mini) e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
As visitas que se ofrecerán son as seguintes:
Casa das Ciencias
-Exposición Puro Swing. Nesta visita, poderase asistir a sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos e comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade realiza debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.
Domus
–Laboratorio Aberto: Consistirá na disección en directo dun corazón. Horario: 11.30 e 17.00 horas.
–Bocados: Visitarase a exposición sobre nutrición e os obxectivos de desenvolvemento sustentable e amosaranse experimentos relacionados con esta especialidade. Horario: 13.00 horas.
Aquarium
–Maremagnum: As persoas participantes pasearán virtualmente polos grandes acuarios, cos seus variados ecosistemas mariños, e achegaranse á vida intermareal na Charca das Caricias. Horario: 13.00 horas.
–Nautilus: Entrarase na sala máis espectacular do Aquarium, onde nadan os peixes de maior tamaño, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, e mais os bancos de xardas e xurelos. Horario: 11:30 e 17:00 horas.
Reservas
As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva cubrindo un formulario online específico que se abrirá para cada fin de semana o luns anterior ás 10.00 horas e pecharase o xoves ás 20.00 horas. O venres pola mañá enviaráselles un correo de confirmación ás persoas que obteñan praza, xunto coa correspondente ligazón para a conexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?