Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Día dos Medios en Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Día dos Medios en Galego

Redacción
Publicado: 07/02/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dia_dos_medios_en_galego_detalle.jpgCada xoves 7 de febreiro, Galicia celebra o Día dos Medios en Galego co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876. Por iso tivemos a ben recoller hoxe na nosa publicación unhas liñas do catedrático da USC e director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (SERGAS), Ángel Carracedo:

O día dos medios en galego: Para eles

Fai anos entendín que os científicos non so tíñamos que investigar e dar clase no ensino superior ou conferencias en congresos, senón divulgar a ciencia e que chegara a xente tanto das cidades como do rural e particularmente aos mais novos, porque é a forma de que a xente entenda o que facemos, a cantidade de cousas que aínda non sabemos e de que poidan entender mellor o mundo que nos rodea.
Tamén pensei que para comunicar a ciencia en Galicia había que facelo en galego, pero aínda que semellaba posible usalo na comunicación oral era moi difícil na escrita. Sempre me dicían:-“Pero se escribes en galego non che vai ler ninguén, nin tan sequera os galego falantes moito mais afeitos a ler en castelán”.
Tal vez fora verdade pero é cuestión de afacerse. Unha vez o fas queda xa en sintonía o que les e o que falas e aínda por riba enriqueces o teu vocabulario e falas cada vez mellor.
Para divulgar ben a ciencia, que a xente desfrute dela e que algúns das nosas rapazas e rapaces queiran un día ser científicos, hai que chegar a xente e que te sintan un mais deles. Falar de cousas importantes pero dun xeito sinxelo. Por iso en todas as miñas charlas divulgativas en Galicia é o idioma que emprego, como trato de facelo nos idiomas que sei en outros países, porque proximidade e entusiasmo son claves na comunicación.
Supoño que son tempos complicados para os medios, nos que hai que saber adaptarse aos cambios e combinar formatos para chegar a todos, novos e vellos, pero non sabedes que importancia lle dou a que o fagades en galego, porque é a mesma historia: non só e importante para normalizar o uso da nosa lingua, para poñela en valor, senón para achegarse a xente e transmitirlle as novas que lle sexan de interese ou importancia. Parabéns polo que estades facendo. Tedes todo o meu recoñecemento e aprecio.
Nada mais cun consello. Vivimos nun mundo que cada vez vai mais apresa con novas que voan vertixinosamente (e non penso que é unha boa cousa). Un mundo de novas e novas pero non de información. Eu vos pediría poñer sempre pezas de información, e non e refiro só a ciencia nin moitos menos. Ao lado dunha nova de un xuízo explicade que é unha instrución, un sumario ou o código penal. Ao lado dunha estatística ou seu significado, cando se fala da COVID que é un virus, ou no seu caso que é o cancro. É unha maneira de que os nosos cidadáns aprendan e podan analizar criticamente todo o que lle contan. En definitiva, un xeito de facelos mais libres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?