Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocados os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocados os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

Redacción
Publicado: 08/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

educacion_institutos_escolar_moza_estudante.jpgEste 8 de febreiro, a través da publicación da resolución da Consellería de Cultura e Educación, convocáronse os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021. No Portal da Lingua Galega (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e no Portal Educativo foi pendurada toda a información ao respecto destes galardóns dirixidos aos centros docentes de titularidade pública no actual curso académico, amais das bases reguladoras.
A participación estará aberta ata o vindeiro 10 de marzo, a través da sede electrónica da Xunta.
Ao abeiro desta iniciativa, seleccionaranse cinco proxectos que terán a consideración de “excelentes” e que recibirán cadansúa dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
Innovar e dinamizar desde o ensino
Tras a posta en marcha desta iniciativa no ano 2008 son xa numerosos os proxectos que acadaron o recoñecemento polo seu impulso á dinamización da lingua galega desde o ensino, por medio de soportes variados (audiovisuais, aplicacións para móbiles, videoxogos…), rexistros propios da oralidade (regueifa, canción, contacontos) ou ámbitos de incidencia social (lecer, tecnoloxía, robótica). Segundo explica a Consellería, son “de especial relevancia” aquelas propostas que teñen como finalidade a integración lingüística tanto de alumnado estranxeiro como neofalante. Todas elas comparten o obxectivo de “vencellar a lingua galega coa modernidade e cos intereses e preferencias propias da cativada”. Entre outras, acadaron importante difusión iniciativas como Ao son delas, do IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña); Olimpíadas virtuais Sart Gal, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña); Proxecto Regueifesta, dos IES Maximino Romero Lema (Zas, A Coruña), Marco do Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra), Aspiramos a ser simplemente un paraíso lingüístico, do IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña) ou o coñecido 21 Días co Galego do IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai extensivo á participación de centros de toda Galicia no marco do novo proxecto 21 Días co Galego e + desde o curso 2018-2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?